ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O vilagarcián David Souto, gañador do IV Premio de Poesía Fermín Bouza Brey
· A súa obra, "A árbore seca", foi a elixida polo xurado entre as 15 presentadas

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 14 de maio de 2007 O vilagarcián David Souto Alcalde é o gañador da cuarta edición do premio de poesía Fermín Bouza Brey. David, que até o de agora non publicara ningunha obra, é estudiante de Filoloxía na universidade de Santiago de Compostela, cidade na que reside.

O xurado, presidido por Gonzalo Bouza-Brey Villar e integrado tamén por Fermín Bouza Álvarez, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé María Álvarez Cáccamo e Camilo Franco Iglesias, elixiu a súa obra, "A árbore seca", por unanimidade entre as 15 presentadas, logo dun amplo debate e previa deliberación.

A entrega do premio está previsto para este xoves, Día das Letras. O Fermín Bouza Brey, considerado como un dos galardóns máis importantes en lingua galega, na modalidade de poesía, está dotado con 3.000 euros. En anos anteriores, gañaron este premio Emma Pedreira, por "Os Cadernos d'Amor e os Velenos (Libro das Posturas)", en 2001, Xurxo Alonso, por "Cidades de Area", en 2003, e Xerardo Quintiá, por "Poesía en ruta", en 2005.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com