|
Publicidade Contacto |
Redacción 14 de maio de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria, dentro da programación de +Internet+Galego+Futuro, organizada con motivo da tripla celebración o 17 de maio do Día de Internet, o Día das Telecomunicacións e o Día das Letras, desenvolverá mañá a xornada "Estratexias Tic e da Sociedade da Información en Galiza". En colaboración coas Universidades galegas, esta xornada conmemorativa do Día de Internet permitirá coñecer e intercambiar experiencias do sistema universitario e das comunidades autónomas postas en marcha para fomentar as tecnoloxías da información comunicación e da información. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o reitor da USC, Senén Barro, presidirán o acto de apertura desta xornada, ás 9,45 horas, que se desenvolverá no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería, da propia USC. A xornada terá un primeiro bloque temático, ao longo da mañá, no que se abordarán as "Tecnoloxías da comunicación e Universidades. Estratexias", e que incluirá o relatorio a cargo de todas as universidades galegas, a presentación do estudo "As TIC no Sistema Universitario Español" e unha mesa redonda moderada polo director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galiza, Rogelio Conde-Pumpido Tourón. Pola tarde, a xornada estará dedicada ao "Desenvolvemento autonómico da Sociedade da Información", cunha ponencia expositora do proxecto Sindur (iniciativas locais), a cargo da USC, e unha mesa redonda sobre as experiencias das Comunidades Autónomas, moderada pola directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, e que contará coa participación do director xeral de Infraestructuras y Servicios Tecnológicos da Junta de Andalucía, Juan Carlos Expósito; da directora xeral de Informática do Principado de Asturias, María América Álvarez; a directora de Innovación y Sociedad de la Información do Goberno Vasco, Elena Gutiérrez Pérez del Notario; e o coordinado do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información, Antonio Pérez Casas. Voltar á Portada Ver anteriores |
Publicidade:
|
|
