ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Cultur.gal acollerá mañá os actos da festividade do Patrón das Artes Gráficas
· A AEAGG volverá render unha homenaxe a cinco empresas asociadas cunha ampla experiencia no sector gráfico galego. A devandito acto acudirán representantes do Concello de Pontevedra, doutras asociacións galegas e preto dun centenar de empresarios gráficos

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 11 de maio de 2007 Como xa é tradicional, a Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galiza (AEAGG) organizou un completo programa de actos para conmemorar a festividade en honor a San Juan Ante Portam Latinam, Patrón das Artes Gráficas.

A Xunta Directiva da AEAGG escolle cada ano unha localidade da xeografía galega para celebrar esta festa sectorial. Este ano, aproveitando a presenza da Asociación na feira Cultur.gal e co ánimo de contribuír ás actividades que se organizaron en torno a este evento, decidiu organizala o sábado 12 de maio en Pontevedra.

A AEAGG reúne actualmente a 166 empresas asociadas, das que 16 son firmas de provedores en calidade de socios colaboradores. O ano pasado a Asociación galega homenaxeou ás cinco empresas asociadas con máis antigüidade e este ano quere repetir esta distinción a outras tantas empresas cunha ampla experiencia no sector gráfico galego, en recoñecemento á súa traxectoria profesional dedicada ás Artes Gráficas de Galiza.

Os actos da festividade de San Juan Ante Portam Latinam comezarán cunha celebración eucarística en honor ao Patrón das Artes Gráficas, oficiada na igrexa parroquial de San Bartolomé de Pontevedra. A continuación, os asistentes trasladaranse ao Salón de Actos do Palacio de Congresos e Exposicións de Pontevedra para render unha homenaxe ás seguintes empresas:

• Editorial Compostela, S.A. fundada en Santiago de Compostela en 1938.
• Artes Gráficas Doyro, S.L. fundada en Vigo en 1948.
• Junor, S.L. fundada en Vilalba (Lugo) en 1952.
• Imprenta Outeiral, S.L. fundada en Pobóaa do Caramiñal en 1962.
• Gráficas Olympia fundada en Ourense en 1966.

Acto seguido á homenaxe, terá lugar un concerto a cargo do violinista galego Raúl Hucha e despois, a tradicional comida de confraternidade no restaurante Mochi.

Confirmaron a súa asistencia Mª Xesús López, concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra; Arturo Maneiro, presidente da Asociación de Xornalistas de Galiza (APG); Alfonso García, presidente da Asociación Galega de Editores (AGE) e preto dun centenar de empresarios gráficos e provedores.

Estes actos do Día do Patrón das Artes Gráficas 2007 desenvolveranse conforme ao seguinte horario:

PROGRAMA DE ACTOS
11.15h. Celebración Eucarística en honor a San Juan Ante Portam Latinam, na igrexa parroquial de San Bartolomé de Pontevedra.
12.30h. Homenaxe a cinco empresas asociadas á A.E.A.G.G. no salón de actos do Palacio de Congresos e Exposicións de Pontevedra.
13.15h. Concerto de violín a cargo de Raúl Hucha Ucha no salón de actos do Palacio de Congresos e Exposicións de Pontevedra.
14.00h. Xantar de confraternidade no Restaurante Mochi, estrada Pontevedra-Vigo, Km.120. Figueirido s/n.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com