ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O Parlamento insta a que os representantes municipais fagan uso do galego no exercicio do seu cargo
· A Mesa agarda que todos os candidatos e todas as candidatas mostren publicamente a súa disposición a cumprir o acordo parlamentar

Chuza! esta nova!
Redacción 11 de maio de 2007 O Parlamento galego aprobou este mércores por unanimidade unha serie de medidas para a galeguización da Administración local presentadas polo BNG para dar cumprimento ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no ámbito municipal. Este debate foi auspiciado pola Mesa pola Normalización Lingüística, que nas últimas semanas se entrevistou con representantes dos grupos parlamentares do BNG, o PSOE e o PP.

O Coordenador de Zonas da Mesa, Francisco Rei, estivo presente no debate do hemiciclo e valorou para os medios de comunicación o seu resultado. Rei manifestou o seu desexo de que a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza “acate e execute o acordo do Parlamento galego, comezando a dirixir de verdade o proceso de normalización lingüística na Administración local”.

Rei manifestou tamén que “A Mesa fará seguimento do cumprimento ou non deste acordo”. Así mesmo, fixo un chamamento a todos os candidatos e candidatas para que mostren publicamente a súa disposición a aplicar un acordo parlamentar que, entre outras cousas, insta a que os representantes municipais fagan uso normal do galego no exercicio do seu cargo. “Non sería de recibo que forzas políticas que aproban isto no Parlamento despois presenten candidatos ou candidatas que non sexan nin capaces de falar en galego nun mitin”, aseverou.

Francisco Rei recordou que desde A Mesa se están a manter entrevistas estes días cos candidatos e candidatas á alcaldía das principais cidades e vilas galegas, onde lles solicitan expresamente o cumprimento deses “mínimos para a nosa lingua que sinala o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega”.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com