ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Anxo Quintana descata en Monforte que “o BNG está orgulloso da identidade de Galiza” e por iso aposta por rehabilitar o noso patrimonio histórico
· O candidato do BNG á relección á alcaldía de Monforte asegura que “con catro anos máis de goberno nacionalista, e coa colaboración do Goberno galego, daremos un maior pulo a todo o realizado”

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 11 de maio de 2007 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, visitou onte Monforte de Lemos onde tras un percorrido en barca polo río Cabe, acampañado do alcalde nacionalista desta vila, Severino Rodríguez, explicou as propostas programáticas do BNG para a recuperación dos cascos históricos.

Quintana salientou a recuperación do río xa que “mentres que antes nas vilas galegas o urbanismo estaba feito de costas aos ríos, onde Goberna o BNG o río convértese nun lugar de encontro”.

Rehabilitación do casco histórico
Asemade, destacou que os nacionalistas alí onde gobernan teñen un estilo proprio en urbanismo “e máis en concreto, á hora de tratar o noso patrimonio monumental e histórico”.

“Recuperamos os nosos cascos históricos por convencemento e devoción, non por obriga. Facemos isto porque estamos orgullosos da nosa identidade e da nosa historia, non coma outros partidos que semellan estar acomplexados da identidade galega”, subliñou o portavoz nacional.

Honradez
Quintana enfatizou que nos concellos gobernados polo BNG non hai espectáculos de corrupción urbanística: “Nós podemos equivocarnos, mais non usamos os cargos públicos para favorecer a uns poucos en detrimento da maioría”.

Vivenda protexida
Por outra parte, salientou que “o progreso non é construír moitos pisos, senón que todo o mundo poida acceder a unha vivenda”. Comprometeu que o BNG reservará o 40% do solo das novas promocións para a construción de vivenda protexida.

Severino Rodríguez
O alcalde nacionalista de Monforte expresou a súa satisfacción porque o portavoz nacional do BNG escollese a vila para realización deste acto. Afirmou que Monforte vai no bó camiño e con catro anos máis de goberno poderáselle dar un pulo maior ao realizado durante o goberno do BNG, grazas á colaboración do Goberno Galego.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com