Publicidade
Contacto
|
*GalizaBanner ofrece un innovador servizo de optimización informativa en Internet
· É a primeira empresa galega que desenvolve o concepto de SMO (Social Media Optimization) e lle outorga unha categoría profesional
Redacción 11 de maio de 2007 A axencia de medios interactivos GalizaBanner amplía a súa capacidade para mellorar a imaxe de marca dos sus clientes en Internet. Un membro do seu equipo profesional vaise dedicar, por primeira vez en Galiza, ao novo concepto de SMO (Social Media Optimization).
Na presentación aos medios de comunicación celebrada esta mañá na Casa do Concello, en Bertamiráns, participou unha das persoas que están inscritas no programa: Josune Bragado, unha moza vasca residente en Bugallido, que coñeceu o programa a través dos cursos de lingua e cultura galegas que o Concello de Ames leva organizando nos últimos tres anos, e polos que xa pasaron arredor de 150 persoas de diversas nacionalidades.
Grazas ao Voluntariado de Activación Lingüística, Josune entrará en contacto cunha persoa galegofalante, coa que se compromete a combinar durante polo menos dez sesións dunha hora.
Os encargados de presentar o programa foron o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, o titular de Cultura e primeiro tenente de alcalde, Xosé Manuel Fernández, e Carlos Callón, presidente da Mesa. Callón explicou a mecánica do Voluntariado de Activación Lingüística, que ten como cerne a formación de pares formados por unha persoa voluntaria e outra activa. A voluntaria sabe falar en galego e úsao habitualmente, mentres que a activa quere aprender a falalo ou coller soltura no seu uso espontáneo, coñecendo ao mesmo tempo a cultura galega, xa sexa porque vén de fóra ou porque até o momento non comezaron a falalo. O campo de intercambio lingüístico e cultural é a vida cotiá e as conversas concertadas entre ambos os dous falantes han de ser 10 como mínimo e de arredor dunha hora de duración.
Para o presidente da Mesa, en Ames "danse as condicións idóneas" para levar adiante o programa. Por unha banda destacou o compromiso da Concellaría de Cultura e Deportes de incluír o Voluntariado de Activación Lingüística dentro do seu programa de actividades e por outra, Carlos Callón expresou a importancia de Ames como lugar de asentamento "de novos galegos e galegas".
A este respecto, tanto Callón como o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, indicaron que as persoas que veñen de fóra "veñen sen prexuízos lingüísticos" e, polo tanto, "están abertas a aprender a lingua e a cultura de Galiza".
Rubén Cela ratificou a importancia do proxecto "no que se xuntan as áreas de mocidade e voluntariado" e que forma parte do Plan Galego de Voluntariado 2006-2010. O responsábel de Xuventude e Solidariedade cualificou o Voluntariado de Activación Lingüística como "unha iniciativa pioneira que nos sitúa na vangarda da promoción da lingua e a cultura".
En Ames haberá catro puntos para entrar a formar parte deste programa: a Casa da Cultura do Milladoiro, as bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro e as oficinas do Servizo de Normalización Lingüística, no edificio do Concello en Bertamiráns. Malia que se incide nun voluntariado individual, no proxecto tamén poderán participar entidades veciñais e asociativas. En ambos os casos búscase propiciar as actividades de lecer e de intercambio entre persoas de distintas procedencias "procurando a súa inmersión na cultura galega e facendo sesións de acompañamento para mellorar as condicións de chegada e estadía en Galiza".
Xosé Manuel Fernández apuntou que o proxecto do Voluntariado de Activación Lingüística "segue a política sostida do Concello como dinamizador da lingua e a cultura". O concelleiro de cultura lembrou que nos últimos dous anos pasaron máis de 150 persoas polos distintos obradoiros de galego para inmigrantes. Fernández López expresou "o compromiso de promover un plan de dinamización lingüística que contemple especificamente a poboación de novos amesáns".
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|