ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*O Cineclube proxecta a obra póstuma de Andrzej Munk


Chuza! esta nova!
Redacción 09 de maio de 2007 O Cineclube de Compostela proxecta este mércores 9 de maio o filme *A pasaxeira* *(*Pasazerka*, Polonia, 1963), o derradeiro filme do director polaco *Andrzej Munk*, quen morreu dun accidente de automóbil sen ter rematado aínda a fita. Os anacos de película póstumos foron montados por Witold Lesiewicz. A proxección realizarase, coma decote, no centro social O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 22:00 horas.

Verbo desta longametraxe escribiu o crítico de cinema Enrique Aguilar: "Trátase dun filme que a pesar de non ter sido concluído polo seu director, pon en escena a brutalidade dos campos de concentración nazi sen retoricismo algún. *A pasaxeira* deixa atrás ese discurso sospeitosamente cómodo do *inimaxinábel* e *irrepresentábel* da barbarie dos campos para filmar a morte -a pesar de tratarse dunha fición!- cunha frialdade obxectiva brutal. Un achegamento "documental", por dicilo dalgún xeito, que pon na face do espectador o horror dunha acción tan cruel e á vez simple na súa execución como era o lanzar o Zinclon B dentro da cámara de gas"

*A pasaxeira* conta a historia dunha muller alemá que regresa a Europa en barco e a cara doutra muller tráelle lembranzas do pasado. Ela cóntalle ao seu home que estivo en Autschwitz, como vixiante das SS. Terá un relato para o seu marido e outro para si propia acerca do que aconteceu.

O filme proxectarase, como xa é habitual, na súa *versión orixinal subtitulada en galego*. *A entrada será de balde*, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar economicamente co cineclube.

RELACIONADO:
*O Cineclube de Compostela enfróntase este xoves a unha demanda pola proxección do filme Terra Negra

Voltar a Cinema
Ir á Portada


Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com