Publicidade
Contacto
|
*O BNG ve no récord de audiencia de "Hai debate!" a confirmación de que "a sociedade quere ver os líderes políticos galegos contrastar os seus proxectos nos medios públicos"
Redacción 08 de maio de 2007 A emisión do programa "Hai debate!", no que participou o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana para debater sobre as próximas eleccións municipais obtivo un "share" do 15%, que implica 107.000 espectadores de audiencia media. O coordenador de campaña dos nacionalistas, Francisco Jorquera, valora moi positivamente este dato e felicita á TVG "por ter promovido este debate e por ter apostado pola transparencia".
"Porén, os nacionalistas pensamos que os líderes do PPdeG e do PsdeG-PSOE, Alberto Núñez Feijoo e Emilio Pérez Touriño, deberían ter acudido ao debate, como fixo Anxo Quintana", afirmou Jorquera. "A sociedade galega quere ver aos líderes políticos galegos contrastar os seus proxectos nos medios públicos, como demostra a audiencia deste programa", dixo.
O programa "Hai debate!", que dirixe Joaquín Pedrido e presenta Ana Rodríguez, bateu o seu récord absoluto de de audiencia, por diante de programas como "Mira quien baila" e "Cambio Radical". Así mesmo, a audiencia media deste programa duplicou a de "59 segundos" de TVE, outro programa de debate sobre a actualidade política.
Outros datos de interese sobre a audiencia deste programa son que unha das intervencións de Anxo Quintana obtivo un pico de 155.000 espectadores. Así mesmo, a audiencia acumulada do programa -persoas que viron algunha parte deste espazo televisivo- alcanzou os 274.000 espectadores.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|