ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Blusens BQR preséntase en sociedade este sábado Compostela

Chuza! esta nova!
Redacción 08 de maio de 2007 O equipo Blusens BQR -que participa como Blusens Aprilia, nas categorías de 125 e 250 cc., no Campionato do Mundo de Motociclismo- realizará a súa presentación oficial en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 12 de maio na Praza do Obradoiro, ás 18:30 da tarde. A este evento, no que participaron Turgalicia, a Dirección Xeral de Turismo e o Concello de Santiago, asistirán diversas personalidades do mundo da cultura e a política local e autonómica.

Na presentación do próximo sábado estará José Ramón García, presidente e conselleiro delegado de Blusens; Raúl Romero, propietario do equipo Blusens BQR; Joaquín Contreras, Team Manager da escudería; Joan Xufre, xefe de prensa de Blusens BQR; e os pilotos Pablo Nieto (125 GP), Aleix Espargaró, Arturo Tizón (ambos 250 GP), José David de Gea (Formula Extreme), Daniel Rivas (Supersport), e Juan Ramírez (Pre GP 125).

Durante o acto, no que os pilotos asinarán autógrafos, realizaranse diversas actividades de animación, ademais dun sorteo de produtos Blusens -cuxas papeletas de participación (máis de 20.000) repartanse ese mesmo día e os anteriores no Casco Vello da Cidade cun desfile de cabezudos-.

En palabras de José Ramón García, presidente e conselleiro delegado de Blusens, "é unha gran honra para nós compartir con todo Santiago a transcendencia deste patrocinio que selamos co equipo de motociclismo Blusens BQR. Confiamos en que con esta actuación consigamos o noso propósito de estender a marca ao público máis novo e dinámico, como é o caso de quen son afeccionados ás motos. Ademais, sentímosnos moi identificados co espírito competitivo e emprendedor desta escudería, como quedou patente coa creación dunha nova estrutura dentro do equipo destinada á formación de novas promesas do motociclismo, e que estará dirixida por Ricard Jové e Toni Alfosea".

Pilotos No Campionato de Catalunya de Velocidade (CCV) Blusens BQR contará con catro corredores en PreGP 125: Maverick Viñales, Pau Tortosa, Juan Ramírez e Michele Piccari; tres en SSP: Dani Rivas, Franki Plana e Álex Ferrer; e un en Extreme: Jordi Carchano.

No Campionato de España de Velocidade (CEV) a formación catalá terá a dous pilotos en 125GP: Scott Redding e Stefan Bradl; tres en SSP: Russell Gómez, Dani Rivas e Eloy Fernández; e tres en Extreme: David de Gea (actual campión), Josep Sardà e Jordi Carchano.

No Campionato do Mundo MotoGP, a escudería catalá participará en 125 cc con Pablo Neto e Hugo Van Dean Berg (único ausente na presentación por culpa dun problema familiar) e en 250 cc con Aleix Espargaró e Arturo Tizón.

A compañía
Blusens, empresa fundada en Santiago de Compostela en 2002, está especializada en electrónica de consumo de última xeración. A compañía, pioneira no ámbito do lecer multimedia co seu lema "Be different", ofrece unha oferta global de produtos que cobre desde reproductores de audio e vídeo portátiles ao fogar digital, pasando polos equipos de comunicacións (GPS, teleasistencia, etc.). A compañía conta con centros propios de I+D+i en Galiza e Madrid. Froito da súa expansión internacional, Blusens dispón de filial en Dubai (Emiratos Árabes), inaugurado en 2006 novas oficinas en Hong Kong (China), que se suman á planta de produción con que xa contaba.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com