ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*ADENCO celebrou o Día da Árbore descubrindo as árbores do Xardín do Concello de Ponteareas
· Realizouse unha visita guiada para coñecer as especies que medran no Xardín


Chuza! esta nova!
Redacción 03 de maio de 2007 O pasado sábado 28 de Abril, o Grupo Ecoloxista Adenco celebrou a 18ª edición do Día da Árbore. Así, de xeito ininterrumpido, os ecoloxistas levan celebrando esta actividade dende 1990.

Este ano a actividade consistiu nunha visita guiada ao Xardín do Concello de Ponteareas, durante a que o guía da mesma, o Técnico en Recursos Naturais e Paisaxísticos, David Castro, foi identificando cada unha das especies e comentando as súas principais características, ao tempo que amosaba a maneira de distinguir unhas especies doutras.

No Xardín do Concello de Ponteareas destacan os teixos, unha árbore que podre medrar máis de mil anos, varias clases de cipreses, magnolias e magnolios e cedros. Tamén medra no xardín unha rara especie de cerdeira, xunto ás palmeiras e palmitos.

A actividade foi todo un descubrimento para a xente que pasa todos os días por debaixo destas árbores sen darse conta en moitos casos da súa singularidade.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com