ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O CEIDA acolle unha reunión de portas abertas do Movemento Forestal Europeo
· Analizanse as oportunidades e os desafíos do futuro dos bosques
· Os activistas sinalan a importancia da participación social para recuperar os montes


Chuza! esta nova!
Redacción 03 de maio de 2007 Máis de cincuenta integrantes do Movemento Forestal Europeo (FME) reunense desde esta mañá e durante durante cinco días na sede do CEIDA, no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros. Na primeira das actividades, unha xornada de reflexión e debate sobre O futuro dos bosques. Oportunidades e desafíos, os integrantes do Movemento Forestal Europeo (FME) sinalan a importancia da participación de todos os axentes sociais para a recuperación dos montes.

Despois de expoñer as experiencias forestais doutros países, os activistas propuxeron a procura doutros beneficios económicos e socias, xunto coa industria madeireira, para a recuperación dos montes. Así o destacou Jutta Kill, coordinadora internacional de SkinsWatch e membro do FERN (Forests and the European Union Resources Network).

Alberte Blanco, Director Xeral de Montes e Industrias Forestais, encargouse de explicar a situación actual dos montes galegos e tamén anunciou as principais liñas de actuación da nova política forestal: sustentabilidade, biodiversidade, rendibilidade económica e social e a participación social.

Nas xornadas de portas abertas celebradas hoxe participan representantes da Consellería de Medio Rural, enxeñeiros forestais, persoal de espazos naturais protexidos e educadores ambientais.

O FME é unha agrupación de máis de corenta e cinco organizacións non gobernamentais de doce países que traballan en cuestións forestais. Este movemento existe dende hai máis de quince anos.

O obxectivo deste encontro é compartir información, desenvolver estratexias e crear unha ampla perspectiva europea sobre cuestións forestais. Ademais dos participantes galegos tamén estarán expertos doutros territorios do estado español, de Alemaña, Reino Unido, Austria, Bélxica, Holanda, Suecia, Hungría, Portugal, Rusia, Canadá, Estados Unidos, Brasil, Malasia, Indonesia e Camerún.

Esta actividade está organizada polo CEIDA coa colaboración da Consellería de Medio Rural, a Deputación da Coruña e o FERN (Forest and the European Resources Network).

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com