ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Grupo ecoloxista ADENCO: 17 anos defendendo a natureza no Condado
· Celebrarase unha acto con intervencións de ex presidentes e inaugurarase unha exposición fotográfica o próximo 2 de Marzo

Chuza! esta nova!
Redacción 28 de febreiro de 2007 O pasado 23 de Febreiro o Grupo Ecoloxista Adenco cumpría 17 anos dende a súa fundación. Foi a comezos de 1990 cando un grupo de mozos e mozas do Condado se decidían a constituir unha asociación que defendese a natureza e tratase de concienciar á cidadanía da comarca dos problemas ambientais de cada Concello.

"Hoxe, 17 anos despois, podemos dicir que o Grupo Ecoloxista ADENCO foi quen de pór en primeira plana os problemas ambientais dos Concellos, logrando que a xente teña hoxe a necesidade de conservar o que aínda non perdemos e recuperar o que está a degradarse", indicou Anxo F. Saborido, Presidente do Grupo Ecoloxista.

O venres 2 de Marzo, a partir das 20:30h, na Casa da Triga de Ponteareas, celebrarase un acto para conmemorar o aniversario. Intervirán Roberto Mera e Xosé Barcia, que foran no seu momento Presidentes da Asociación, xunto con Anxo F. Saborido, Presidente na actualidade, ao tempo que se proxectará un documental sobre os primeiros anos de vida de ADENCO e servirase un viño galego aos asistentes.

Exposición de imaxes

Neste acto tamén se inaugurará unha exposición de fotografías, dende o nacemento da asociación, que recordarán momentos históricos na vida de Adenco xunto a campañas e actividades que aínda hoxe seguen a desenvolverse.

Adenco agarda cumprir moitos anos máis, centrados na sensibilización social, na participación activa no movemento ecoloxista galego e na denuncia e na acción cando sexa preciso porque, segundo indica o grupo ecoloxista, "a pesar dos avances conseguidos, todos podemos ver que a nosa relación co Medio Ambiente dista aínda moito de ser a idónea".

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com