Publicidade
Contacto
|
*A Asociación Socio-Pedagóxica Galega estrea nova páxina web
· Desde a Videoteca pódense descargar de forma gratuíta 30 títulos de vídeos elaborados pola AS-PG
Redacción 28 de febreiro de 2007 Despois de case un ano de traballo, a AS-PG presenta a súa nova páxina web. Unha imaxe renovada sen deixar de lado o deseco co que xa estaba identificados. O Museo Virtual, onde se poden visitar as exposicións realizadas polas asociación, ou a Videoteca, onde se poden visualizar ou descargar de baldo máis de 30 títulos de videos, son algunhas das principais novidades.
Entre as exposicións que se poden visitar destacamos a do Estatuto, na que se pode visualizar a través dos distintos paneis, o pasado, presente e futuro do Estututo e do autogoberno de Gzliza.
A Videoteca está dividida en cinco categorías, Arquitectura, Ciencias e natureza, Lingua, Persoeiros, Pintura e todos os videos poden ser visualizados en liña ou descargalos en mellor calidade para o computador, en ambolos dous casos totalmente de balde.
Outra das seccións a destacar e o TrivialGZ, que permite xogar na rede á versión galega do popular xogo de preguntas e que despois dun ano na rede intégrase agora na nova páxina.
Algunhas das novas opcións están aínda por desenviolver e informan qeu irán ampliando os contidos nos vindeiros meses.
Pódes visitar a páxina no enderezo www.as-pg.com
Sobre a AS-PG
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) é un movemento de renovación pedagóxica pioneiro de Galiza e asociación sociocultural, integrada por máis de mil asociados e asociadas de todo o país, vencellados directa ou indirectamente cos ensinos Primario, Secundario e Universitario.
Trinta anos de actividade ininterrompida avalan a traxectoria da AS-PG: formación docente, publicación de materiais didácticos, promoción de espectáculos audiovisuais, elaboración de estudos sociais, implicación decisiva no proceso de normalización lingüística, etc.
Na actualidade conta con locais en Lugo, A Coruña, Compostela e Pontevedra.
Pata máis información no enderezo www.as-pg.com
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|