ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Sicilia!, o resultado do traballo de Straub e Huillet, o mércores no Cineclube

Chuza! esta nova!
Redacción 27 de febreiro de 2007 O Cineclube de Compostela despide o mes de febreiro con a proxección de Sicilia!, de Jean-Marie Straub e Danièlle Huillet, este mércores 28 de febreiro ás 22:00 horas no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21). Se no pase da semana pasada -en Onde xace o teu sorriso?- Pedro Costa filmaba o proceso de montaxe e construción dunha longametraxe por parte desta parella de cineastas, esta semana poderemos ver o resultado dese traballo de edición, Sicilia!.

Sicilia! é un filme realizado en 1999 que recrea a novela censurada de Elio Vittorini: Conversazione in Sicilia. Un home volve a Sicilia para ver a súa nai dende Nova Iorque, é unha viaxe iniciática, na que recupera cheiros, cores, palabras, paisaxes de cando tiña sete anos. A partir desta novela, Straub e Huillet fan construir o seu propio texto, en palabras de Jean-Charles Fitoussi "como un músico produce música a partir dunha partitura". As palabras veñen da novela, mais non están do mesmo xeito na novela. A partir delas, segundo o Straub, "cómpre buscar os nervios, as articulacións encol das que construir a posta en escena; son decisións estéticas e, xaquelogo, políticas".

Straub-Huillet, dous realizadores cunha importante bagaxe marxista e unha linguaxe cinematográfica que se achega á teoría do distanciamento do Bertolt Brecht, procuran en cada novo filme avanzar un paso máis na construcción dunha linguaxe cinematográfica. Relativamente pouco coñecidos, Huillet e Straub representan, porén, un piar da historia do cinema contemporáneo.

O filme proxectarase na súa versión orixinal con subtítulos ao portugués e a entrada será de balde, puidendose adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube de Compostela.

Voltar a Cinema
Ir á Portada



Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com