Publicidade
Contacto
|
*Vigo acollerá o Campionato de España de Grupos de Show de Patinaxe
· Hoxe tivo lugar o acto de presentación do campionato, que terá lugar os días 16 e 17 de marzo nas Travesas
· O Carpa, club organizador do evento, celebra o seu 25 aniversario
Redacción 27 de febreiro de 2007 A cidade de Vigo acollerá os próximos días 16 be 17 de marzo o Campionato de España de Grupos de Show, no que os clubs galegos intentarán demostrar que son unha potencia nesta nova modalidade de patinaxe.
Hoxe tivo lugar o acto de presentación do campionato ao que asistiron a delegada provincial da consellería de Cultura e Deporte, Marta Souto, a concelleira de Deportes do Concello de Vigo, Lucía Molares, Jorge Santos, en representación de Caixanova, e o vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe, Julio Sanz, ademais dos representantes do club Carpa, o organizador do evento.
No acto de presentación, o presidente do Carpa, Carlos Covelo, explicou que pediran a organización do torneo para poñer un broche de ouro á celebración do 25 aniversario do club. Neste senso, Marta Souto felicitou ao Carpa polo traballo destes 25 anos traballando con rapaces e rapazas galegas e animoulles a seguir nesa liña de actuación. Con respecto a esta modalidade de patinaxe, a delegada provincial manifestou que "é un teatro sobre rodas, e esa conxunción é especialmente significativa para a nosa consellería de Cultura e Deporte. Estou segura de que nos van a deleitar coas súas coreografías, piruetas e saltos".
Galiza está moi ben representada neste campionato con seis actuacións entre as dúas modalidades: grupos pequenos (de 6 a 12 patinadores) e grandes (máis de 12). Nesta competición participarán máis de setecentos deportistas representando a 11 comunidades autónomas.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|