Publicidade
Contacto
|
*Creado un foro de debate sobre o Entroido
Redacción 26 de febreiro de 2007 O pasado sábado 24 de febreiro, tivo lugar -nos locais do Ateneo ourensán- a
constitución da Plataforma para o Estudio e Difusión do Entroido. Esta Plataforma -que agrupa a persoas de Xinzo, Verín, Laza, Viana do Bolo, A Gudiña, Vilariño de Conso e Ourense- nace cos seguintes obxectivos:
-Interpretar, conservar e difundir os símbolos e ritos tradicionais presentes no ciclo festivo do Entroido;
-Favorecer o desenvolvemento da oferta cultural específica que permita a proxección dunha imaxe de calidade cultural;
-Deseñar e desenvolver estratexias e accións encamiñadas a garantir a sustentabilidade dos Entroidos tradicionais.
Para isto, desenvolverá -entre outras- actividades tais como a creación dun arquivo dixital e dun Centro de interpretación virtual; así como a celebración anual dunhas Xornadas divulgativas sobre o Entroido. Tamén se editarán distintos materiais que axuden ao coñecemento e á difusión do Entroido, tais como Exposicións, Publicacións e outros materiais dirixidos aos centros de ensino.
Por outra parte, poñerase ao dispor das distintas Administracións para a realización dos proxectos museísticos precisos para ocupar distintos espazos dentro das infraestruturas socioculturais existentes no país.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|