ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Ryanair regala billetes á terra de Robin Hood
· Só fai falta acudir hoxe luns 26 ás 12:00 ao Centro Comercial Área Central

Chuza! esta nova!
Redacción 26 de febreiro de 2007 Ryanair, a aeroliña europea número 1 en tarifas económicas, celebra a inauguración da súa nova ruta Santiago de Compostela - Nottingham East Midlands o vindeiro martes 27 de marzo, regalando billetes gratis (taxas non incluídas) á terra de Robin Hood. Tal como Robin Hood axudaba aos pobres de Sherwood Forest a gozar dunha calidade de vida parecida á dos ricos, as tarifas baixísimas de Ryanair fan que o transporte aéreo estea ao alcance de todas e todos.

Como conseguir estes billetes gratis?
Non hai máis que presentarse hoxe luns 26 de febreiro no centro comercial Área Central ás 12:00 h. portando unha pancarta na que expreses a túa alegría por que Ryanair levou as tarifas baixas a Galiza e puxo voos europeos ao alcance de todas as galegas e galegos.

As primeiras 200 persoas que acudan recibirán un bono para viaxar gratis a Nottingham East Midlands ou Liverpool cun acompañante, abonando únicamente as taxas aeroportuarias (42,90 € por persoa ida e volta).

Sobre Ryanair
Ryanair é a aeroliña de tarifas baixas número un en Europa, con 454 rutas unindo 130 aeroportos en 23 países europeos e en Marrocos. Conta con 3.700 empregados e unha frota de 122 Boeing 737-800, radicados en 19 bases repartidas por todo o Continente e as Illas Británicas. Ryanair transportará 42,5 millóns de pasaxeiros durante o ano fiscal abril 2006-marzo 2007.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com