ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Nordestin@s, o mellor disco galego do ano

Chuza! esta nova!
Redacción 22 de febreiro de 2007 O proxecto das Guadi Galego, Ugia Pedreira e o Abe Rábade venceu nos VI Premios Opinión de Música Folk, organizados polo xornal coruñés La Opinión, mesmo por diante de bandas coma Berrogüetto ou Milladoiro, que celebraban os cadanseus 10 e 25 anos de vida con álbums editados para a ocasión. Estes grupos quedaron no segundo e terceiro, respectivamente, entre un total de nove nominados.

Este certame é, na actualidade, o único grande premio existente en Galiza para este tipo de música, co que o recoñecemento da calidade do álbum adquire unha maior repercusión. O xurado, composto por sete xornalistas de medios especializados en música de Galiza e do resto do estado -El País, Radio Galega, El Ideal Gallego, La Opinión, Radio 3 e Faro de Vigo-, destacou "a frescura e as novas ideas do trío Nordestin@s para ampliar as fronteiras do folk".

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com