ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Ósos, do portugués Pedro Costa, no Cineclube de Compostela


Chuza! esta nova!
Redacción 14 de febreiro de 2007 Hoxe, mércores 14, ás 22:00 (no Local Social O Pichel, Santa Clara, 21), o Cineclube proxecta por vez primeira un filme do cineasta portugués Pedro Costa. Trátase de Ósos, realizado en 1997 e protagonizado pola mesma Vanda que tres anos despois protagonizaría No cuarto da Vanda e máis recentemente Xuventude en marcha. Nel, Pedro Costa grava unha historia do mísero Bairro das Fontaínhas, en Lisboa, que adquire a condición de pais no início do filme. Un home que mendiga pola cidade co seu fillo, até que empeza a pensar en vendelo, unha muller que adoita deixar o gas aberto, unha enfermeira que quere axudar a todo o mundo... Como decote, Costa amosa os personaxes, os escenarios, mirando directamente para a cámara.

A obra de Pedro Costa segue unha tradición cinematográfica portuguesa lanzada por Manoel de Oliveira e António Campos, a do cinema inspirado no conceito de antropoloxía visual, xunta outros cineastas como António Reis, João César Monteiro ou Ricardo Costa. Após darse a coñecer internacionalmente con A casa de lava en 1994, en Ósos esbate as fronteiras entre a ficción e o documentario nunha obra de arriscada catalogación, pois as personaxes son figuras reais e o filme presenta alguns trazos do seu día-a-día. No entanto, tamén descobre para a súa filmografía o barrio marxinal das Fontaínhas, ao que voltará decote para grabar o ambiente social.

A vindeira semana, o Cineclube proxectará un novo filme de Pedro Costa, neste caso Onde xace o teu sorriso, fita dedicada aos cineastas Danièlle Huillet e Jean-Marie Straub, admirados por Costa, que servirá de ponte para a proxección, no mércores último do mes, do seu título Sicilia!.

A proxección realizarase na súa versión orixinal, sendo totalmente de balde e podendo adquirirse un bono-axuda de colaboración co Cineclube.

Voltar a Cinema
Ir á Portada



Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com