ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Alberte Ansede, novo Secretario de Organización do BNG
· Afirma que “todo o traballo político do BNG no Estatuto foi un acerto pleno”

Chuza! esta nova!
Redacción 14 de febreiro de 2007 O secretario de Organización da nova Executiva do BNG, Alberte Ansede afirmou, nunha entrevista publicada no web da formación nacionalista, que “todo o traballo político do BNG no Estatuto foi un acerto pleno”. Explicou que: “O BNG fixo pedagoxía política e por iso gañamos o debate. Hoxe, o pobo galego está convencido de que precisamos un maior nivel de competencias e autogoberno.”

O dirixente nacionalista quixo facer fincapé na importancia do traballo colectivo, “non só por ser unha boa metodoloxía de traballo, senón por eficacia social”. Para Ansede, profesor de Filosofía de 49 anos, residente na Coruña, “cada un de nós, como membro do BNG pouco podemos facer por separado, pero organizados baixo o principio de acción nacionalista somos un potentísimo instrumento de transformación social”.

Sobre as eleccións municipais que se aproximan, explicou que “a nosa maior presenza nos concellos serviría para potenciar a participación dos cidadáns na vida política e contribuiría para aumentar a conciencia nacional galega, así como os niveis de benestar económico e social do conxunto da sociedade”.

Como obxectivos para estes comicios, a Executiva do BNG aspira a incrementar as alcaldías, sobre todo nas vilas e nas cidades, e ter, por vez primeira, unha introdución importante nos concellos do rural.

Pódese ler a entrevista completa no web do BNG

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com