ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Preocupación entre os clubs membros da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol ante a demora da resolución do Expediente Sancionador Incoado contra Julio Meana por parte do Comité Galego de Xustza Deportiva
• O expediente data do vinte e nove de setembro do pasado ano


Chuza! esta nova!
Redacción 13 de febreiro de 2007 A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol presentou onte, un escrito dirixido ao Presidente do Comité de Xustiza Deportiva, asinado polo seu Presidente Plácido Díaz Fernández, reclamando unha pronta resolución para o Expediente Sancionador presentado por esta Asociación, incoado contra a presunta responsabilidade do Presidente da Federación Galega de Fútbol Julio Meana, así como do seu Secretario Xeral Ramón de Llano, do seu vicesecretario Benjamín Amido, do seu tesourero Luís Caridade e de Fernando Blanco, como Presidente do Comité de Adestradores. Este expediente data do vinte e nove de setembro do pasado ano.

Entende a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol, que xa transcorreu un tempo máis que prudencial neste importantísimo asunto, e que se trata ante todo, de evitar que feitos de tanta gravidade no mundo do fútbol poidan caer no silenzo e no esquecemento. En datas pasadas a Xunta Directiva da Asociación reunida ao efecto nos seus locais de Santiago de Compostela, tomaba por unanimidade o acordo de remitir este escrito a devandito Comité, na confianza de que en datas próximas se poida obter por parte deste Organismo unha resolución definitiva ao gravísimo conflito existente. Tamén entende a Asociación que esta lentitude administrativa non favorece en absoluto, á estabilidade da propia Federación Galega de Fútbol, un ente que aglutina a decenas de miles deportistas.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com