ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Galiza ocupa o quinto posto estatal no ranking de actividade empresarial
• Máis de 6.800 novas sociedades en todo o ano, o que equivale a un crecemento do 6,34% respecto ao ano anterior.
• A Coruña e Pontevedra, as provincias máis activas


Chuza! esta nova!
Redacción 08 de febreiro de 2007 Axesor Grupo Infotel, empresa española especializada no fornecemento de información empresarial por Internet, presenta o seu informe “Axesor Radar Galiza” de todo 2006, que recolle os datos sobre a actividade empresarial galega durante o conxunto do pasado ano como complemento ao informe xeral “Axesor Radar 2006” para todo estado español.

No devandito informe, proporciónanse todas as cifras referentes a constitucións, disolucións, escisións e fusións empresariais en sociedades mercantís durante o exercicio do ano 2006 nas catro provincias galegas.

Quinto ano consecutivo de crecemento
Así, durante 2006 constituíronse 6.893 novas sociedades en Galiza, fronte ás 6.482 de 2005, o que equivale a un 6,34% máis respecto ao ano anterior. No conxunto do estado, creáronse 150.113 empresas fronte ás 138.189 de 2005 (incremento anual do 8,65%), co que Galiza sitúase 2,31 puntos por baixo da media estatal.

Este é o quinto ano consecutivo de subida na creación de empresas para Galiza, e representa o segundo maior avance tras 2004.

Na análise por provincias, A Coruña (con 2.742 novas empresas) encabeza o ranking, seguida por Pontevedra (2.696), Lugo (776) e finalmente Ourense (679). Desta forma, A Coruña arrebátalle a Pontevedra a primeira posición en creación de empresas que ostentaba durante 2005.

Disolucións e posición no ranking
As disolucións tamén diminuíron en toda Galiza, pasando de 783 en 2005 a 769 en 2006 (un 1,79% menos), co que non só crece o número de novas empresas, senón que se frea a súa desaparición. Por provincias, a orde mantense, co’A Coruña en primeiro lugar (332 disolucións en 2006 fronte ás 339 en 2005), seguida de Pontevedra (280 fronte a 275) e Lugo e Ourense agora empatadas (81 disolucións cada unha, fronte ás respectivas 100 e 94 do ano anterior).

Con estes datos, Galiza sitúase como a quinta Comunidade Autónoma do conxunto do estado en canto a actividade empresarial, mantendo o posto do ano anterior tras Cataluña, Madrid, Andalucía e Comunidade Valenciana.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com