Publicidade
Contacto
|
*O BNG de Lugo fai pública a ubicación e o deseño da nova ponte sobre o Miño co obxectivo de informar á veciñanza
• "O que non fixo o candidato Orozco, informar aos lugueses, vaino facer o Bloque"
Redacción 08 de febreiro de 2007 O BNG acusa a Orozco, que coñece o proxecto dende hai tres meses, de ocultar esta información ás cidadás e cidadáns de Lugo. "O que non fixo o candidato Orozco, informar aos lugueses, vaino facer o Bloque", anunciou Xosé Anxo Laxe na presentación da nova infraestrutura.
O estudo informativo estabelece a nova ponte augas abaixo do restaurante O Muiño, cun enlace a través do parque Marcos Cela até a Avenida de Magoi e cunha saída en forma de 'y' cara as estradas de Santiago e de Portomarín.
O deseño proposto, en forma de arco, terá 100 metros de longo, 96 de alto e 31 metros de ancho, con dous carrís para cada sentido, beirarrúas e un mirador sobre o río a todo o longo da ponte polos dous lados.
O custe total é de 14,7 millóns de euros. Os Orzamentos do Ministerio de Fomento só prevén un investimento total de 7,9 millóns de euros ata 2010.
O Ministerio de Medio Ambiente está avaliando a posibilidade de evitar someter a estudo de impacto ambiental a nova ponte e enviou o estudo informativo a organismos como o Concello de Lugo, a Confederación Hidrográfica do Miño e as Consellarías de Política Territorial, Cultura e Medio Ambiente.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|