ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Constituída a Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol
• A Asociación reúne a 42 clubs de 3ª División e Preferente, con máis de 600 equipos e preto de 12.000 deportistas de todas as categorías

Chuza! esta nova!
Redacción 08 de febreiro de 2007 A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol celebrou nos seus locais de Santiago de Compostela unha reunión extraordinaria co fin fundamental de formar a súa Xunta Directiva que preside Plácido Díaz, actual presidente do Ponche Ourense. A Asociación que compoñen gran parte dos clubs da terceira división e da preferente autonómica, en número de 42, conta con máis de 600 equipos de todas as categorías e unha masa de deportistas próxima aos 12000 xogadores federados.

A proposta do presidente, nomeouse vicepresidente por unanimidade ao que fora candidato da Asociación á presidencia da Federación Galega de Fútbol, ao lucense Antonio Gómez -Chicho-, que tamén foi presidente do Lemos. A praza de secretario recaeu no presidente do Narón, Manuel Tomás, sendo a de vicesecretario para o xerente do Arteixo José Manuel Pose.

Completan a Xunta Directiva o presidente do Santa Comba, José Gerpe, que fará as veces de tesourero, o do Betanzos Angel Fernández Leondoiro, como vicetesourero, así como o Director Técnico do Gondomar, Gustavo Loureiro (un dos poucos profesionais do fútbol que tivo a oportunidade de vestir a camisola do Real Club Celta e do Deportivo da Coruña), o vicepresidente do Rápido de Bouzas, Manuel Pedro Seoane e os presidentes de dous históricos: Lalín e Arousa, respectivamente José Manuel Bahamondo e José Manuel Gómez.

Hai moi bo ambiente e unha gran esperanza entre os membros da Asociación, a respecto de potenciala axeitadamente na liña co efectuado en varias comunidades do estado español e noutros deportes, e dotala dos instrumentos oportunos para que sexa unha ferramenta efectiva e práctica en favor dun maior desenvolvemento do mundo do fútbol na nosa terra.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com