Publicidade
Contacto
|
*O Cluster de Empresas Pesqueras en Países Terceiros (CEPPT) e a Fundación CETMAR asinan un Convenio de Colaboración para impulsar os proxectos de I+D+i en países terceiros
Redacción 08 de febreiro de 2007 Onte ás 10:00, na sede central de CETMAR en Vigo, tivo lugar a sinatura do Convenio de Colaboración que subscribiron o Cluster de Empresas Pesqueiras en Países Terceiros e a Fundación CETMAR por un período de catro anos. A sinatura foi formalizada polo Director Xerente do Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación CETMAR), D. Manuel Varela Lafuente, e polo Presidente do Cluster, D. Marcial Varela Villar.
Esta iniciativa supón o afianzamiento das relacións entre ambas as dúas institucións,
que demostraron unha sintonía nas súas liñas de actuación, relativas a proxectos
de cooperación ao desenvolvemento e dinamización de empresas do sector pesquero.
A sinatura impulsará os proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación
tecnolóxica (I+D+i) no sector pesqueiro en países terceiros, no relativo a actividades
de extracción, cultivo, elaboración, transformación, conservación, así como
a comercialización de produtos do mar e demais actividades ligadas aos
procesos que dependan do proceso mariño.
O obxecto fundamental do presente Convenio é fomentar a investigación e a
procura de solucións para contribuír ao desenvolvemento sustentábel dos recursos
pesqueiros de países terceiros.
A Fundación CETMAR aportará a esta alianza a súa experiencia desde a perspectiva
científico-técnica á hora de recopilar información para estabelecer análise en profundidade
en diferentes ámbitos, e formular posteriormente propostas concretas de acción, recomendacións, actividades de promoción, asesoramiento, etc. que poidan ser implementadas polas empresas ou organismos.
Pola súa banda, o Cluster aportará toda a súa experiencia e coñecemento para promover a cooperación entre os diferentes axentes de empresas públicas e privadas para a mellroa de empresas pesqueiras en países terceiros que reforcen a súa competitividade e melloren o aproveitamento dos recursos e os resultados, fortalecendo así o proceso de internacionalización das sociedades mixtas. O Cluster contribuirá á posta en marcha de proxectos de estudo ou investigación dirixidos a diagnosticar a situación de empresas pesqueiras en países terceiros. O obxectivo é incrementar a cualificación e a formación continua dos recursos humanos para obter a melloa da capacidade tecnolóxica das empresas adscritas ao Cluster.
En definitiva, o Convenio potenciará a competitividade e eficacia das empresas adscritas ao Cluster.
Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores |
Publicidade:
|