ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O BNG de Uruguai alerta sobre a extrema gravidade da situación de Casa de Galiza en Montevideo, que afecta a 10.000 galegas e galegos

Chuza! esta nova!
Redacción 07 de febreiro de 2007 O BNG do Uruguai pide explicacións á Conselleria de Sanidade e á Secretaria Xeral de Emigración polo desinterese en resolver os problemas da Casa de Galiza de Montevideo. Segundo os nacionalistas, a crise desta mutualista composta por centro social e hospital está perxudicando a arredor de 10.000 galegos e galegas. O BNG lembra que os socios, de avanzada idade, están reféns desta situación porque non se poden mudar a outra entidade.

O Ministerio de Saúde de Uruguai comunicouse o pasado 10 de xaneiro coa Conselleria de Sanidade da Xunta e aínda non tivo novas da posíbel intervención da mesma para salvagardar os intereses das galegas e galegos. O responsábel local do BNG en Montevideo, o doutor Manuel Saa afirmou: “Queremos transmitir toda a nosa solidariedade á Casa de Galiza, institución creada en 1917 por galegos, onde foi constituido o Goberno do Consello de Galiza no exilio en 1944 e que conta co número de socios galegos máis importante do mundo”.

O BNG lembra que a Intervención ten un prazo de 6 meses e que dende novembro os interventores veñen traballando por adoptar un plan de viabilidade para esta institución. Os nacionalistas expresaron “a nosa confianza no plan de viabilidade que poida presentar a Intervención uruguaia para sanear a entidade de forma eficaz”.

Peche da Oficina de Programas Sociais
Ademais, o BNG denuncia que foi pechada o pasado 31 de xaneiro a Oficina de Programas Sociais da Xunta, que estaba no hall de entrada de Casa de Galiza. Os nacionalistas piden explicacións por este peche e polo proceso de selección que se realizou para a instalación dunha nova oficina, considerando que se incumpriron os principios de publicidade e igualdade.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com