ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Comunicado da asociación cultural ABERTAL do Eo-Navia en resposta ás declaracións feitas polo presidente de Xeira

Chuza! esta nova!
Redacción 06 de febreiro de 2007 Reproducimos o comunicado íntegro a continuación: Diante das falsas declaracións feitas polo presidente de Xeira, a asociación cultural ABERTAL do Eo-Navia, presidida polo académico Carlos Varela, quere deixar constancia que a nosa asociación en ningún momento se manifestou sobre o contido do proxecto da Federación de Asociacións do Eo-Navia. Que os comentarios deste señor inclúense no conxunto de mentiras ás que nos ten afeitos, como monicreque da Academia de la Llingua Asturiana e dos seus amigos radicais do nacionalismo asturiano.

Opinamos, sen embargo, que no seu panfleto se mente descaradamente sobre a realidade cultural e histórica da nosa comarca, como fai arreo con estudos disparatados. Polo tanto rexeitamos de xeito contundente as súas palabras baseadas na confrontación e a desfachatez evidentes. Dicir que o Eo-Navia só se diferencia do resto de Asturias na lingua é ser un propio ignorante da comarca onde reside.

Consideramos que a asociación Xeira non nos vai dicir aos outros sectores de defensa da cultura eonaviega o que temos que facer nin que pensar, cando ela mesma dispón dun escaso apoio na nosa comarca senón é o proporcionado economicamente desde Oviedo e tentando un hipócrita acordo onde só reinen de xeito totalitario as súas absurdas ideas. Mália iso, a sociedade eonaviega é moitísimo máis plural e o seu panfleto négao, de aí que xamais presenten un proxecto alternativo, porque nunca o tiveron, senón co único afán de desfacer o traballo de todos aqueles que non comulgamos con ideas expansionistas dirixidas por certos personaxes desde Oviedo, e deste xeito somos, con gran satisfacción pola nosa parte, unha seria ameaza para os seus escuros intereses culturais e políticos.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com