Publicidade
Contacto
|
*Ivan Rodriguez e Antela Cid protagonizan Sueños, a primeira curtametraxe de Marta Cabrera
Redacción 06 de febreiro de 2007 O actor Ivan Rodríguez e a actriz Antela Cid serán os protagonistas da
próxima curtametraxe dirixida por Marta Cabrera, da Escola de Imaxe e Son de Vigo, que se rodará en Vigo, Baiona e Nigrán entre o 7 e o 9 de febreiro.
Marta Cabrera é tamén a guionista da curta, que narra a historia de Esteban, que unha tarde de mércores intenta suicidarse no baño do seu apartamento inxerindo pastillas, moi ao seu pesar Esteban non deixa este mundo senón que cae nun estado de coma profundo. Soña e, a través de 3 soños, repasa a súa vida e pensamentos, entre os cais atopamos o motivo do suicidio. Tras día
e medio en coma profundo, Esteban falece.
A curtametraxe ten unha duración estipulada de 15 minutos gravarase en formato 16:9 e en branco e negro.
Xunto con Iván Rodriguez e Antela Cid formará parte do elenco o actor consagrado Fernando Morán. A rodaxe iniciarase o día 7 dende as 10:30 na praia de Patos (Nigrán). A gravación continuará o seguinte día en Cabo Silleiro (Baiona) e no número 11 de Marqués de Valladares. Ao día seguinte, a rodaxe realizarase íntegramente no número 11 de Marqués de Valladares.
A curtametraxe conta coa colaboración do grupo DELUXE que cedeu a canción “Mira” do seu último disco como BSO.
Voltar a Cinema
Ir á Portada
|
|