ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*A Mesa denuncia que os novos recursos informativos aos usuarios do transporte público coruñés exclúen de novo a lingua galega
• O colectivo local da asociación en defensa do galego considera “unha nova oportunidade perdida para o galego” que os cambios introducidos só teñan en conta o castelán

Chuza! esta nova!
Redacción 03 de febreiro de 2007 O grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña denunciou que os novos recursos informativos dirixidos ás usuarias e usuarios do transporte público urbano coruñés, presentados o pasado día 31 polo alcalde da cidade Javier Losada, continúan a “excluír por completo a lingua galega” e teñen unicamente presente o castelán como lingua informativa ao público.

A Mesa lamentou que os distintos cambios introducidos no servizo de transporte público urbano para mellorar a información ás usuarias e usuarios do mesmo –nova sinalización nas paradas, nova información nas pantallas de t.v. existentes no interior dos vehículos, aviso das próximas paradas mediante voz…- non fosen aproveitados polo goberno municipal e pola Compañía de Tranvías “para introducir o galego nun ámbito no que, historicamente, sempre estivo excluído”. Para A Mesa dita introdución “non suporía apenas custo económico adicional e resolvería positivamente unha lamentábel situación de anormalidade lingüística”.

Ademais, A Mesa considera que debido ao alto número de usuarias e usuarios que o transporte público ten a diario na Coruña “a visibilización do galego entanto lingua de uso normal neste ámbito podería ter un importante efecto normalizador e mesmo multiplicador”. Noutras palabras, “estamos perante un ámbito privilexiado para a socialización do galego na Coruña que novamente se desaproveita”, din desde A Mesa.

O colectivo local da asociación lembra que “este non deixa de ser un novo incumprimento do Concello da Coruña” en canto ás resolucións xudiciais que desde 1994 o obrigan a utilizar a forma A Coruña como único topónimo oficial da cidade e a empregar o galego como lingua cooficial da cidade a todos os efectos. “Exclúese o galego dun servizo público dependente da administración local, aínda que o xestione unha Sociedade Anónima ”, lamentou A Mesa.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com