ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Onte presentouse o documental “Cabo Verde. Sabi. A muller e a terra, o home e o mar”
• O documental emitirase sábado 3 de febreiro ás 15.40 horas pola galega

Chuza! esta nova!
Redacción 03de febreiro de 2007 Onte presentouse o documental “Cabo Verde. Sabi. A muller e a terra, o home e o mar” coproducido por Abada Xestión Cultural e a CRTVG e dirixido por Manuel Maseda, contando coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

O fío argumental deste documental dirixido por Manuel Maseda, xira entorno a dúas historias paralelas, por unha banda amósasenos a viaxe que o grupo de mulleres caboverdianas afincadas en Burela, as “Batuko Tabanka”, realizan ao seu país para levar a cabo unha xira de concertos. Alí as batucadeiras narran as impresións que lles produce o regreso despois de ata máis de vinte anos de ausencia nalgúns casos. A vida a bordo de “O Pachilán” un barco espadeiro no que conviven galegos e caboverdianos e que en moitas ocasións faena moi preto das costa de Cabo Verde, é a segunda das historias que nos achega este documental.

As tradicións, os encontros, a xeografía, a música, a cooperación e o desenvolvemento, o humor... son, entre outros, os compoñentes desta historia de historias de ida e volta que reflicte a mensaxe máis positiva das migracións: o respecto e o diálogo.

O documental emitirase sábado 3 de febreiro ás 15.40 horas pola galega.

Voltar a Cinema
Ir á Portada



Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com