ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Un “Indie” en Arousa
• O Festival do Norte arranca o próximo sábado 1 de Maio a súa novena edición
• Os días 1 e 2 de maio desfilarán por Vilagarcía as bandas máis importantes do panorama independente



Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 25 de abril de 2009 Foron anos aqueles nos que no Festival do Norte mesturábanse en sucesivas edicións Enrique Bunbury con Orishas ou Manu Chao, edicións nas que o Festival parecía máis ben “Desnortado” con ansias de encher de nomes importantes o cartel para atraer a xentes desorientadas…

Iso acabouse hai algúns anos e con esta edición o Festival rematará de consolidarse coma referente entre ese público chamado “Indie”. A partir do próximo venres 1 de maio, Zapas Converse, jeans axustados, cabelos estratexicamente despeiteados e moito Inditex aparecerán pola vila arousá, pero sobor de todo, Música da boa.

Por falar dalgún dos grupos máis destacados quedámonos con varias recomendacións: Russian Red, Vetusta Morla e Delorean.

O proxecto de Lourdes Hernández, Russian Red, é, sen dúbidas, un dos fenómenos musicais do ano, máis de 2 millóns de reproducións no seu MySpace, máis discos vendidos do seu primeiro álbum que Gun´s and Roses ou Madonna no Estado español durante 2008 e, por enriba de todo, a súa voz, o seu estilo e a súa proposta “diferente” fan que sexa unha das apostas seguras do festival.

Trátase dos dous fenómenos independentes musicais do ano. Vetusta Morla banda xa mítica e mística entre o público alternativo con nove anos de música en directo e un único álbum publicado “oficialmente” no mercado de título Un día en el mundo. Presidirá o escenario o sábado a partir das 00:15 para dar logo paso o peche rockeiro do festival; os agardados Delorean.

A partir do venres as cinco e media da tarde comeza a edición 2009 do Festival, que este ano parece que adapta tamén os prezos a situación de crise. O abono para os dous días ten un custo de 25 € e pódese adquirir na web Servinova ou en Tick Tack Tiket.

Horarios:
(ligazóns en castelán)

Venres 1 de maio
Sábado 2 de maio
ESCENARIO ESTRELLA GALIZA
ESCENARIO CAIXANOVA / NSAIO
ESCENARIO FDN DANCE CLUB


Consulta os horarios na páxina oficial do Festival: www.festivaldonorte.com/horarios
Máis info: www.festivaldonorte.com

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2008 ArroutadaNoticias.com