Publicidade
Contacto
|
*Candidatas e candidatos do BNG compoñen unha estrela para simbolizar 10 ideas de impacto para as municipais
· Quintana subliña que todos os “candidatos e candidatas do BNG teñen as mans limpas” e define o estilo do BNG como “unha proposta de transparencia cara á cidadanía, solidariedade e sensatez”
Redacción 30 de abril de 2007 As candidatas e candidatos do BNG aos 315 concellos de Galiza realizaron esta mañá en Ourense unha presentación simbólica das 10 propostas estrela da formación nacionalista para todos os concellos galegos.
As candidatas e candidatos do BNG aos 315 concellos de Galiza realizaron esta mañá en Ourense unha presentación simbólica das 10 propostas estrela da formación nacionalista para todos os concellos galegos.
Todos os candidatos representaron no recinto de Expourense a forma dunha estrela de dez puntas para simbolizar, en palabras do voceiro nacional do BNG, “ademais da emancipación nacional e a razón, as 10 ideas baseadas na intelixencia que lle presentamos a todas os galegos e galegas” para gobernar os concellos a partir do 27 de maio.
Vivenda accesíbel, servizos sociais e transparencia
Anxo Quintana debullou as 10 ideas estrela do BNG para garantir o acceso á vivenda, para aumentar e mellorar a rede de asistencia social e para conseguir uns concellos máis eficientes e transparentes.
Así, entre estas propostas estrela destacan a adaptación do planeamento urbanístico dos concellos para reservar até un 40% do solo edificábel para vivenda protexida, a rehabilitación de vivendas en cascos históricos e núcleos rurais para poñelas no mercado en réxime de aluguer para mozos e mozas, a adopción dunha carta de servizos municipais e implantación da firma electrónica para axilizar os trámite ou o regulamento de transparencia e boas prácticas para contratos e subvencións.
“Estilo propio do BNG”
Ademais, Quintana destacou que “os alcaldes do BNG non se dedican ás obras faraónicas e teñen as mans limpas de especulación e corrupción porque propoñen un urbanismo pensado para a xente”.
Por último, o líder nacionalista afirmou que os galegos “poderán escoller o 27 de maio entre o estilo do BNG, caracterizado por unha proposta de transparencia cara á cidadanía, solidariedade e sensatez, fronte á vulgaridade dos demais”.
10 PROPOSTAS ESTRELA DO BNG PARA OS CONCELLOS GALEGOS:
1. Adaptación do planeamento urbanístico para reservar até un 40% do solo edificábel para vivenda protexida.
2. Rehabilitación de vivendas en cascos históricos e núcleos rurais para poñelas no mercado en réxime de aluguer para mozos e mozas.
3. Apertura dos centros de ensino máis alá do horario escolar para distintas actividades.
4. Servizos de xantar, lavandería e telefarmacia a domicilio para as persoas con dependencia.
5. Carta de servizos municipais e implantación da firma electrónica para axilizar os trámites.
6. Regulamento de transparencia e boas prácticas para contratos e subvencións.
7. Plans de prevención dos lumes forestais.
8. Promover as novas tecnoloxías para garantir o acceso á rede por parte dos cidadáns.
9. Creación de locais de ensaio para a mocidade e extensión dos centros Quérote.
10.Aumentar as bonificacións no IBI para vivendas protexidas e locais adquiridos polos emprendedores.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|