ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Ánxela Bugallo presenta o proxecto Nabeira 08, que pretende dar a coñecer á sociedade o patrimonio marítimo e fluvial galego
· No presente ano realizarase unha exposición itinerante polas costas galegas, que incluirán ademais obradoiros, talleres e actividades no mar
· A primeira itinerancia terá lugar en Vigo (Bouzas) o próximo día 6 de maio e finalizará no mes de xullo en Ferrol


Chuza! esta nova!
Redacción 27 de abril de 2007 O proxecto Nabeira08 nace cos obxectivos de difundir a laboura de recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial galego, de dinamizar o sector das embarcacións tradicionais como espazo de lecer e de práctica deportiva e de darlle un recoñecemento social como elemento de identidade e de desenvolvemento económico e social.

Así o explicou a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, durante o acto de presentación deste proxecto no Museo do Mar de Vigo, na que tamén participaron o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, e o presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Fernando Piñeiro.

A conselleira destacou a importante laboura que está a desenvolver este sector, cada vez máis numeroso, e a necesidade de apoialo dende a administración. Ademais destacou a necesidade de que a sociedade, e de forma especial os máis novos e novas, coñezan o seu patrimonio, que en moitos casos é un absoluto descoñecido.

Nabeira08 é un programa de actividades para difundir a cultura marítima e fluvial galega polo país galego (ano 2007) e en Europa (2008), ata concluír coa presenza de Galiza en Brest 2008, onde será o invitado de honra nesta popular e multitudinaria feira do mar e dos mariñeiros.

Desta forma, no presente ano, realizarase unha itinerancia ("Cultura e Deporte de cabotaxe") pola costa galega, na que se realizarán actividades no mar (navegación con embarcacións tradicionais), actividades en terra (xogos, obradoiros e talleres) e se poderá contemplar a exposición "Patrimonio do vento e do sal: embarcacións tradicionais de Galiza".

Esta itinerancia comezará en Vigo (Bouzas) o próximo día 6 de maio e continuará por todas as costas galegas ata rematar en Ferrol nos día 5-8 de xullo.

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, destacou o feito de que se vai a realizar unha ampla campaña de divulgación nos centros escolares, xa que os máis pequenos e pequenas van a ser uns dos protagonistas deste proxecto.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com