ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O BNG demanda que se depuren responsabilidades sobre o accidente de Valga e Jorquera interpelará no Pleno do Senado á Ministra de Fomento

Chuza! esta nova!
Redacción 27 de abril de 2007 O Bloque Nacionalista Galego vai demandar do Goberno central que esclareza as circunstancias e depure as responsabilidades ás que houber lugar polo accidente ferroviario de Valga. En concreto, o coordinador executivo e senador do BNG, Francisco Jorquera, interpelará no próximo Pleno da Cámara Alta á ministra de Fomento a respecto das circunstancias en que se produciu un sinistro que infelizmente se saldou coa morte de tres persoas.

Jorquera non só demandará que se determinen as responsabilidades, logo de que o Adif modificase hoxe a súa versión inicial sobre os feitos, senón que tamén emprazará ao Goberno a que poña prazos á supresión progresiva dos pasos a nivel en Galiza.

"Inquiétanos enormemente a falta de claridade do Goberno na súa política informativa sobre un asunto desta gravidade. Se algo funcionou mal, como di a ministra, queremos saber exactamente que foi. E, sobre todo, queremos saber que está disposto a facer o Goberno para evitar que sinistros deste tipo volten a acontecer no noso país", afirma Jorquera.

"Que persoa, na estrutura de dirección da Adif, deu a orde onte de que se informase á opinión pública sobre que todos os sistemas de seguridade funcionaron correctamente?", pregunta Jorquera, para quen "todo apunta a que se as testemuñas dos feitos non tivesen mantido con determinación que as barreiras estaban levantadas, a estas alturas Adif seguramente insistiría na versión orixinal de que non se produciu nengunha anomalía".

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com