ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Marítima
Sección coordinada por Jaime Vázquez Miraz

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Expertos e traballadores buscan un novo modelo de pesca de baixura e marisqueo
· Cincuenta persoas participan nas xornadas organizadas polo CEIDA

Chuza! esta nova!
Redacción 24 de abril de 2007 Máis de cincuenta representantes do sector da pesca de baixura e de marisqueo participan na xornada Buscando solucións: Evolución da cultura mariñeira que se celebra hoxe en Vigo.

Pedro Martín Gutiérrez, profesor asociado do Departamento de Socioloxía e Traballo Social na facultade de Valladolid e membro da dirección do Magíster e Investigación Participativa para o desenvolvemento local, sinalou que a participación social é unha das bases fundamentais para construír un novo futuro neste sector. Tamén destacou que é preciso aproveitar os medios actuais.

Esta tarde, despois da exposición das experiencias da Confraría de Lira, da Cooperative Audierne Port e da Cooperativa ETCs construiranse uns grupos de traballo coordinados por Constantino Conde, consultor en economía social, e expoñeranse as conclusións destes talleres prácticos.

Estas xornadas, coordinadas polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza) en colaboración co CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), son a primeira actividade do Proxecto Serea.

Serea é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que pretende impulsar a creación dun modelo e estrutura estábel para o desenvolvemento socioeconómico e laboral no sector pesqueiro de baixura e o marisqueo. Celebraranse diversas actividades dirixidas a todas aquelas persoas ou colectivos vencellados á pesca artesanal e ao marisqueo, co fin de desenvolver actividades complementarias á extracción pesqueira e outras actuacións de mellora no eido do desenvolvemento sostíbel.

Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com