Publicidade
Contacto
|
*Practicamente eliminados
· O Depor cae en casa ante o Sevilla por 0-3
Redacción 20 de abril de 2007 Nefasto resultado para o Depor onte no estadio de Riazor onde a un Sevilla a medio gas chegáronlle 15 minutos para resolver a eliminatoria. Neste tempo marcou dous goles aproveitando a incerteza da zaga galega.
Na segunda metade as tornas cambiaron un pouco, as contras sevillistas xa non eran tan frecuentes e os de branquiazul encomezaban a levar perigo a area andaluza, deste xeito, chegou a ter até 4 oportunidades claras de gol que unhas veces pola mala puntería dos dianteiros deportivistas e outras polos acertos do meta visitante non chegaron a tocar a rede da portería rival.
Case no final e xa para dar a puntilla, nunha contra do equipo andaluz, o colexiado pita penalti co que se acadaría o resultado final 0-3.
Sempre queda a esperanza de lembranzas épicas nas que o Depor remontaba resultados imposíbeis como as famosas remontadas ao Milan ou o PSG. Persoalmente son pesimista con que algo así poida ocorrer no Sanchez Pizjuan pero como sempre se di “A ESPERANZA É O ULTIMO QUE SE PERDE…”
Luis Galván informa para ArroutadaNoticias.com
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|