ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O Deportivo xógase hoxe o pase á final da Copa contra o Sevilla
· As derradeiras 2.000 entradas están á venda dende ás 10:30

Chuza! esta nova!
Redacción 19 de abril de 2007 O Deportivo d'A Coruña xógase ante o Sevilla o pase á final da Copa. Será esta noite nun Riazor que se fará pequeno, pois o club coruñés anunciou que as derradeiras 2.000 entradas están xa a venda dende esta mañá nas taquillas do Palacio dos Deportes de Riazor.

O Deportivo enfrontarase a un Sevilla que é 2º na clasificación da Liga. Será un partido complexo no que ningún dos dous equipos quere ter o papel de favorito.

A lista de convocados do Depor é a seguinte: Aouate, Duscher, Coloccini, De Guzman, Sergio, Taborda, Arizmendi, Adrián, Munúa, Andrade, Capdevila, Juan Rodríguez, Lopo, Barragán, Cristian e Juanma.

Polo Sevilla: Cobeño, Javi Varas, Daniel, Javi Navarro, Aitor Ocio, Escudé, Drago, David, Poulsen, Martí, Maresca, Jesús Navas, Adriano, Kanouté, Luis Fabiano e Kerzhakov.

O árbitro do encontro será Rodríguez Samntiago

O partido xógase hoxe ás 21:00 h. no estadio de Riazor.

A outra semifinal da Copa que enfrontou onte ao Barcelona co Xetafe rematou cun 5-2 para os cataláns.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com