Publicidade
Contacto
|
*O Petrel I detén a 7 narcos preto de Cabo Verde
· Galiza protagonista nunha operación internacional antidroga
Océano Atlántico 18 de abril de 2007 O buque de operacións especiais, con base en Galiza, o Petrel I, do Servizo de Vixilancia Aduaneira de Galiza (SVA), foi o protagonista nunha importante operación internacional antidroga.
O buque Alexandra, de 30 metros de eslora e bandeira venezolana, sospeitoso de participar no transporte de drogas de Sudamérica a augas próximas a Galiza, foi localizado en augas internacionais polo buque Petrel I o sur das illas de Cabo Verde, procedendo a abordalo, por sorpresa, onte ás 00:00 h.
No rexistro do buque venezolano, os axentes aduaneiros do buque galego encontraron 17 fardos de cocaína
cun peso de 500 quilos, e procederon a detención dos seus sete tripulantes, todos eles de nacionalidade venezolana.
Aínda que a cantidade decomisada é superada por outros alixos recentes, non o é o alto nivel de dificultade da operación ao tratarse de moitas axencias, e de moitos países, así coma de unha operación en augas internacionais. Ditas axencias son o departamento de análise da policía nacional española, Operacións conta o narcotráfico con sede en Lisboa, autoridades venezolanas e por suposto o Servizo de Vixilancia Aduaneira, en especial os destinados en Galiza.
Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores |
Publicidade:
|