ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*As candidatas e candidatos do BNG para as vindeiras eleccións municipais están presentes na rede a través de 36 weblogs


Chuza! esta nova!
Redacción 16 de abril de 2007 O BNG está a apostar pola comunicación directa cos electores a través de Internet. Así, xa son 36 os cadernos dixitais que as candidatas e candidatos nacionalistas teñen na rede, empregando formatos baseados no software libre, pero está previsto que haxa máis deica as eleccións.

Ademais das candidatas e candidatos das sete cidades, moitas cabezas de lista apostaron por ter un blog desde o que dirixirse á cidadanía. Contan con blog de campaña concellos como Ribeira, Tomiño, Sanxenxo, Cerceda, Vilagarcía ou Barbadás, entre outros.

Estes cadernos dixitais dispoñen de informacion de axenda, do programa electoral e de arquivos multimedia. María Xosé Bravo, secretaria de Comunicación do BNG, afirmou na presentación dos modelos que estes cadernos se caracterizan por un deseño "áxil, limpo, moderno e no que predominan as cores que dan identidade ao Bloque Nacionalista Galego, o azul celeste, o branco, o vermello ou o laranxa escuro".

Pódese consultar todas as ligazóns na web nacional do BNG (www.bng-galiza.org)

RELACIONADO:

*O BNG xa ten proclamados 302 candidatas e candidatos ás alcaldías para as municipais, cunha renovación de máis do 50 por cento nos carteis eleitorais

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com