Publicidade
Contacto
|
*Parabéns da Mesa ao Celta por unha nova "vitoria": o club dá novos pasos no uso do galego · A asociación convida agora ao equipo de fútbol a que inclúa unha versión da web na nosa lingua
Redacción 09 de abril de 2007 A pesar de que os resultados na liga non acompañan A Mesa pola Normalización Lingüística dá os parabéns ao Celta por unha nova vitoria, que neste caso non se conseguiu nos campos de fútbol. Os novos pasos que o club deu no uso do galego son o motivo da felicitación: a publicidade da sociedade deportiva xa está na nosa lingua, ao igual que o 75 por cento dos contidos do boletín Real Club Celta- A Cor de Galicia, que se distribúe masivamente en papel e que tamén se pode descargar en formato PDF na web do club.
A través da revista Longalingua, editada pola Mesa, anímase ao conxunto da poboación, afeccionados ou non ao fútbol, a enviar un modelo de carta no que, ademais de saudar o emprego do galego, se anima ao club a aumentar a presenza da nosa lingua, especialmente na súa páxina web, que apenas ofrece contidos no noso idioma.
Así mesmo, A Mesa tamén quere convidar a outros equipos deportivos galegos a que incorporen ás súas comunicacións a lingua propia de Galiza, especialmente ao Deportivo da Coruña, que segue incluíndo no seu nome oficial o topónimo deturpado da cidade.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|