|
Publicidade Contacto
|
· O evento celebrarase o próximo luns no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros Redacción 12 de xuño de 2007 O CEIDA, o CETMAR e a Universidade de Vigo organizan para o próximo luns, 18 de xuño, un seminario de Responsabilidade Social Empresarial co obxectivo de buscar o equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e ambiental no sector pesqueiro de baixura e marisqueiro. O evento celebrarase no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, sede do CEIDA...[ler máis] *Autoestradas do mar · Galiza revolucionará o transporte marítimo Redacción 19 de maio de 2007 Chega unha nova era para o transporte de mercadorías por mar. A importancia do tráfico marítimo é indiscutible, e a Unión Europea ten a intención de optimizar este tráfico para favorecer a economía común, mediante a investigación e o fomento de novas e máis específicas rutas marítimas...[ler máis] *Expertos e traballadores buscan un novo modelo de pesca de baixura e marisqueo · Cincuenta persoas participan nas xornadas organizadas polo CEIDA Redacción 24 de abril de 2007 Máis de cincuenta representantes do sector da pesca de baixura e de marisqueo participan na xornada Buscando solucións: Evolución da cultura mariñeira que se celebra hoxe en Vigo...[ler máis] *O Petrel I detén a 7 narcos preto de Cabo Verde · Galiza protagonista nunha operación internacional antidroga Océano Atlántico 18 de abril de 2007 O buque de operacións especiais, con base en Galiza, o Petrel I, do Servizo de Vixilancia Aduaneira de Galiza (SVA), foi o protagonista nunha importante operación internacional antidroga. O buque Alexandra, de 30 metros de eslora e bandeira venezolana, sospeitoso de participar no transporte de drogas de Sudamérica a augas próximas a Galiza, foi localizado en augas internacionais polo buque Petrel I o sur das illas de Cabo Verde, procedendo a abordalo, por sorpresa, onte ás 00:00 h...[ler máis] *O Cluster de Empresas Pesqueras en Países Terceiros (CEPPT) e a Fundación CETMAR asinan un Convenio de Colaboración para impulsar os proxectos de I+D+i en países terceiros Redacción 08 de febreiro de 2007 Onte ás 10:00, na sede central de CETMAR en Vigo, tivo lugar a sinatura do Convenio de Colaboración que subscribiron o Cluster de Empresas Pesqueiras en Países Terceiros e a Fundación CETMAR por un período de catro anos. A sinatura foi formalizada polo Director Xerente do Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación CETMAR), D. Manuel Varela Lafuente, e polo Presidente do Cluster, D. Marcial Varela Villar...[ler máis] *Navigasa continua a súa expansión coa compra dun novo buque • Cedeira é a primeira das catro unidades que a navieira prevé incorporar proximamente á súa frota • A botadura do próximo mercante prevese para o próximo mes de marzo nos Estaleiros Armón de Vigo Redacción 26 de xaneiro de 2007 Navigasa (Navieira de Galiza, S.A.) acaba de adquirir un novo buque, o Cedeira, con capacidade de carga de 4.100 Tm. É o primeiro dos catro buques que a empresa ten proxectado incorporar á súa frota antes de que finalice 2008. O segundo se botará a finais de marzo nos Estaleiros Armón de Vigo, onde actualmente se constrúe...[ler máis] *A falta de vento impediu realizar a primeira proba da regata Marisquería Bahía de cruceiros Vigo 16 de xaneiro de 2007 A materia prima nas regatas de vela, que é nin máis nin menos que o vento, non quixo aparecer o pasado sábado e impediu a celebración da primeira proba da Regata Marisquería Bahía de Cruceros dando ao traste coa ilusión por regatear das case 40 embarcacións que se deron cita nas inmediaciones do porto deportivo do Real Club Náutico de Vigo, organizador da regata...[ler máis] *Un buque en reparacións no porto coruñés · Corremento de barcos Porto d’A Coruña 10 de xaneiro de 2007 O portacontedores BBC Japan sufriu un lixeiro corremento de carga, o que obrigou ao seu capitán a solicitar atraque no porto de A Coruña para facer reparacións co fin de asegurar a carga e proseguir o viaxe en condicións de seguridade. Nestes momentos atópase atracado no peirao de transatlánticos do porto da cidade herculina...[ler máis] *Pesca I, rescate a 100 millas · Evacuada a Vigo a pasaxeira do cruceiro Black Prince Atlántico Norte 08 de xaneiro de 2007 O helicóptero Pesca I, con base en Vigo, realizou onte a evacuación dun cruceiro sobrevoando unha distancia de 200 km. Este helicóptero, dependente da do goberno galego, xa é coñecido por ter realizado asistencias caracterizadas polo seu longo percorrido, e polo tanto de alto risco...[ler máis] *O quimiqueiro Anette Theresa solicita axudaUn mariñeiro é evacuado por aire grave a A Coruña Costa d'A Coruña 31 de decembro de 2006 O helicóptero Helimer Galiza, que sen dúbida é o aparato aéreo máis coñecido na cidade d'A Coruña, tivo que sobrevoar unha vez máis a cidade. O buque Anette Theresa, un buque quimiqueiro, comunicou ao control de trafico de Fisterra a indisposición dun mariñeiro de nacionalidade filipina. Salvamento Marítimo coordinou unha radioasistencia, comunicándolle a un médico a sintomatoloxía a través do VHF, procedemento moi común no ámbito marítimo profesional. Tras o diagnostico inicial, do cal se sospeita unha afección cardíaca, Salvamento decide iniciar unha operación de evacuación aérea...[ler máis] *A Garda Civil apresa un buque luso O Carlos Cunha debera abonar 30.000 € Costa de Pontevedra 30 de decembro de 2006 O día 27 de decembro unha das patrulleiras da Garda Civil do Mar apresa en plena faena ao buque pesqueiro Carlos Cunha, de bandeira lusa, dentro do mar territorial do estado español, a tres millas náuticas da Illa de Onza, do Parque Nacional das Illas Atlánticas...[ler máis] *Galiza pide a protección do estado español fronte a Noruega Rusia xa suspendeu a compra de pescado ao país escandinavo Océano Ártico 10 de decembro de 2006 A mediados deste ano a situación dos buques galegos no caladoiro de Svalbard, próximo ao Ártico, foi bastante tensa debida á posición de acoso do goberno Noruego, que se saldou co apresamento de tres buques galegos arosa. Esta próxima campaña promete ser moito máis tensa tras a recente sentenza do Tribunal Supremo de Noruega, que aumenta as competencias do seu goberno na zona, reflectindo a intención de Oslo de apresar e reter moitos máis buques...[ler máis] *O porto d’A Coruña presenta a Don IndaCorcubión e Cee terán un novo veciño Ría de Corcubión 10 de decembro de 2006 Durante anos se botábamos unha mirada á ría de Corcubión, máis concretamente ao peirao de Brens, no concello de Cee, era inevitábel non fixarse nese barco de cor alaranxado, típico dos buques de salvamento marítimo, chamado Ría de Vigo...[ler máis] *Galiza voltará a Marrocos en xaneiro Reino de Marrocos 05 de decembro de 2006 O acordo de pesca da Unión Europea co Reino de Marrocos, que permitirá faenar a buques galegos en augas deste pais foi ratificado o pasado 22 de novembro por maioría pola Cámara de Representantes do Parlamento Marroquí...[ler máis] *A pesca tradicional perde fronte as cotas 40 mariñeiros deberán adicarse a outra cousa Porto d'A Coruña 05 de decembro de 2006 A Unión Europea recorta nun 25% a captura da quenlla de profundidade facendo inviables os buques dedicados exclusivamente a esta especie. A medida non distingue entre buques tradicionais, que pescan a quenlla con anzol, da pesca industrial, que utiliza redes...[ler máis] *Galiza moveu un 6% mais de mercadorias no 2005 Redacción 16 de novembro de 2006 Actualmente en Galiza existen catro portos de interés xeral dependentes da Dirección Xeral da Marina Mercante, Vigo, A Coruña, Ferrol e San Cibrao (dependente do anterior), e existen outros 122 de interés autonómico dependentes de Portos de Galiza. Onte Portos de Galiza presentou un informe do 2005 polo cal os portos dependentes do goberno galego moveron un total de 1,6 millóns de toneladas de mercadorías, supoñendo unhas ganancias de 1,9 millóns de euros e un crecemento do 5% respecto ao 2004...[ler máis] Voltar á Portada Ver Anteriores |
Publicidade:
|
|
