ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Galiza, 05 de outubro de 2008

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ligazóns patrocinadas:
jamon iberico
eventos
material de oficina
digitalizacion facturas
seguros de salud
alta en buscadores
posicionamiento en buscadores
internet marketing
Obra Nueva Denia
coches usados


Publicidade:

*Galiza subcampioa do Mundo de Futsal Feminino
• As galegas perden 4 a 0 contra as anfitrioas nun partido que dominaron dende o comezo
Redacción 05 de outubro de 2008 Galiza proclámase subcampioa do mundo de futsal feminino ao perder na final 4 a 0 contra Cataluña. A pesares do enorme esforzo das xogadoras galegas en todo o campionato a vitoria na final non puido ser...[ler máis]

Publicidade:
En destaque
Cociña
Freixós (Filloas de leite)
(26/06/2007)

Cinema
Zodiac (15/06/2007)
Opinión
Silvio Falcón RodríguezEntender
Un artigo de Silvio Falcón Rodríguez (02/02/2008)

Fernán Xosé Mourenza FernándezOutra folla en branco
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández (03/01/2008)

Xabier Pérez IgrexasDiscursos
Un artigo de Xabier Pérez Igrexas (05/01/2008)

Xoán Costa CasasInforme PISA: Frouxos en lectura
Un artigo de Xoán Costa Casas (09/12/2007)

Francisco Xosé Rei GarcíaA liberdade dos de arriba
Un artigo de Francisco Xosé Rei García (30/11/2007)

A cooperación interinstitucional polo galego-berciano
Un artigo de Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (02/10/2007)

José Ramon Flores d'as SeixasO livre comércio de armas de fogo
Un artigo de José Ramon Flores d'as Seixas (23/04/2007)

Adela Figueroa PanisseA falsa dialectica entre esquerda e dereita
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (05/04/2007)

Subvencionando a deslocalización de Atento-Telefónica
Un artigo de Clodomiro Montero Martínez , Secretario Nacional da CIG da Federación Telemárketing (14/03/2007)

Diego Marcos RamasA cidade na que nada funciona
Un artigo de Diego Marcos Ramas (12/03/2007)

Ana Patricia Vigo FernándezAta nunca Augusto Xeneral!!!
Un artigo de Ana Patricia Vigo Fernández (26/02/2007)

Aqui falamos tod@s!
17 abril do 2007
Un artigo de Victoria Díaz Cabanela (04/04/2007)
*Galiza chega á final do Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino tras eliminar a Colombia nos penaltis
• Cataluña é a outra finalista tras eliminar a Rusia 3 a 2
• O partido será retrasnsmitido pola TVG e a TV3 hoxe ás 17:00 h.

Redacción 05 de outubro de 2008 O I Mundial de Futsal Feminino, que se está a disputar en Reus, xa ten finalistas, Galiza e Cataluña. Houbo que sufrir e moito, pero a selección galega de fútbol sala feminina logrou clasificarse tras derrotar nos penaltis a Colombia. O partido será retrasnsmitido en directo pola TVG e a TV3 hoxe ás 17:00 h...[ler máis]

*Galiza enfrontarase a Rusia e Brasil no Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino
• A equipa galega, que debutará no mes de setembro en Reus, forma parte do peor grupo, segundo indicou o seleccionador eduardo Lago
Redacción 09 de xullo de 2008 Galiza debutará no mes de setembro no Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino, que se disputará en Reus, organizado pola Asociación Mundial de Futsala (AMF). Hoxe tivo lugar o acto de presentación da equipa, no que xa se deu a coñecer o calendario do Mundial, e no que Galiza forma parte do grupo A, xunto a Rusia e Brasil...[ler máis]

*Quintana di en Lugo que o BNG está por definición en contra de excluír a ninguén: “nen gostamos do veto ao novo Estatuto nen gostamos do veto á unidade das forzas políticas sobre o AVE”
Redacción 09 de xullo de 2008 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, dixo este serán en Lugo que os nacionalistas galegos “estamos por definición en contra dos vetos”. “Nen gostamos no seu día do veto que se interpuxo ao Novo Estatuto de Galiza”, afirmou en alusión ao PP, “nen gostamos do veto que agora algúns parecen querer interpor á necesaria unidade das forzas políticas galegas para fiscalizar as obras do AVE”...[ler máis]

*Medio Rural, Traballo Penitenciario e a Fundación Érguete colaboran por terceiro ano na contratación de persoal recluso para traballos de prevención de incendios forestais
Redacción 09 de xullo de 2008 O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e a presidenta da Fundación Érguete-Integración, Carmen Avendaño Otero asinaron hoxe o convenio de colaboración para contribuír á reinserción social de reclusos e que facilitará a formación de novos traballadores e traballadoras en labores de prevención de incendios forestais....[ler máis]

*450 entidades secundan xa a mobilización 'Polo dereito a vivirmos en galego' do vindeiro 18 de maio
Redacción 17 de maio de 2008 Son xa 450 as entidades de diferente tipo que subscriben o manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego”, no cal se convoca ao conxunto da sociedade a mobilizarse en defensa do idioma do país o próximo domingo 18 de maio en Santiago de Compostela. A Mesa chama a que “nas rúas de Santiago se dea cita unha marea cívica contundente que reclame o dereito elemental a poder expresarse e recibir información en galego en todos os ámbitos da vida”....[ler máis]

*A Xustiza continúa a vulnerar os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas no canto de defendelos
• Tan só o oito por cento das sentenzas están no noso idioma, a pesar das recomendacións do Consello de Europa en 2005
• As reivindicacións para o ámbito da xustiza estarán presentes na manifestación do 18 de maio “Polo dereito a vivirmos en galego”

Redacción 15 de abril de 2008 A escolla persoal de empregar a lingua galega no eido da Xustiza supón sempre unha dilación das causas para os cidadáns e un duplo esforzo para os funcionarios. Así se indica no relatorio elaborado polo Observatorio de Dereitos Lingüísticos da Mesa pola Normalización Lingüística, presentado esta mañá en Santiago de Compostela. Todas as demandas para aumentar o uso do galego neste campo e “garantir os dereitos lingüísticos de todas e todos perante a Administración de Xustiza” estarán presentes na manifestación do 18 de maio “Polo dereito a vivirmos en galego”...[ler máis]

*Galiza e Portugal buscan financiamento europeo para proxectos comúns de cultura, deporte tradicional e patrimonio
Redacción 15 de abril de 2008 Galiza e Portugal queren abrir novos frontes de colaboración nos eidos da cultura, o deporte e o patrimonio. A Consellaría de Cultura e Deporte en colaboración con tres departamentos da administración portuguesa presenta como xefe de fila tres proxectos ao Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg IV A, centrados na potenciación das industrias culturais, os deportes tradicionais e o patrimonio arqueolóxico. Ademais é socio dun cuarto proxecto encabezado pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal sobre fortalezas e estruturas defensivas...[ler máis]

*ATESGA denuncia a “persecución” dos axentes da DXT aos técnicos de ambulancias
• A Garda Civil procedeu nos últimos días a identificar condutores que circulaban en servizo de urxencia
Redacción 15 de abril de 2008 A Asociación de Técnicos en Emerxencias Sanitarias de Galiza (ATESGA) quere denunciar que, lonxe de solventarse os problemas relacionados coas sancións impostas a técnicos de emerxencias no exercicio da súa profesión, a Garda Civil de Tráfico iniciou o que ATESGA considera “unha campaña de acoso e persecución aos profesionais das ambulancias”, empregando vehículos camuflados...[ler máis]

*GalizaBanner alíase con Planeta para reforzar a comercialización das webs galegas
• Planeta Ad Network distribuirá campañas nacionais na rede de soportes GalizaBanner
• O acordo garántelles prezos e volume de negocio aos soportes da rede

Redacción 15 de abril de 2008 A axencia de medios interactivos Elogia Media e Planeta Ad Network (PAN), a rede de venda publicitaria online do Grupo Planeta, asinaron un acordo de colaboración para comercializar a nivel estatal a rede de soportes exclusivistas GalizaBanner. Con este convenio, Planeta Ad Network comprométese a cubrir a metade das impresións das webs de GalizaBanner con campañas publicitarias de ámbito estatal, mentres que a outra metade seguirán sendo cubertas con campañas de ámbito galego...[ler máis]

*A Mesa chama á sociedade galega a mobilizarse masivamente “polo dereito a vivirmos en galego”
• A asociación reclama que se cumpra a lexislación lingüística e que a “única lingua propia” de Galiza sexa “oficial na realidade e non só no papel”
Redacción 25 de marzo de 2008 A Mesa pola Normalización Lingüística chamou onte á sociedade galega a mobilizarse masivamente “Polo dereito a vivirmos en galego”, lema que encabezará a manifestación que a asociación en defensa da lingua convoca para o vindeiro 18 de maio en Santiago de Compostela ...[ler máis]

*A Executiva Nacional do BNG apoia as demandas dos produtores de leite de Galiza
• O órgano executivo do BNG lamenta que a administración do Estado non acompañe as políticas “positivas cara o sector” impulsadas pola Consellaría de Medio Rural
• Os nacionalistas galegos lamentan que o Ministerio de Agricultura apoiase en Bruxelas o incremento liñal da cota desouvindo as demandas do sector leiteiro galego

Redacción 17 de marzo de 2008 A Executiva Nacional do BNG quere expresar o seu apoio ás demandas dos produtores de leite de Galiza fronte as prácticas abusivas das industrias leiteiras cos seus centros de decisión en Madrid. Así mesmo o BNG lamenta que outras administracións non acompañen as políticas positivas cara o sector impulsadas pola Consellaría do Medio Rural. ...[ler máis]

Publicidade:


Voltar arriba
Ver anteriores

Publicidade:


Publicidade:


Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com