Índice dos Foros
Publicidade:
Foros de ArroutadaNoticias.com!
as novas galegas na rede!

Voltar á páxina inicial de ArroutadaNoticias.com
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 
A Moure e o Ameixeiras ese: vaia par, QUE VERGONZA
Ir á páxina 1, 2, 3 ... 15, 16, 17  Seguinte
 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Foro Aberto
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Salvador
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 10:58 am    Asunto: A Moure e o Ameixeiras ese: vaia par, QUE VERGONZA Responder citando

Lestes hoxe o suplemnto Culturas da Voz? A Moure dicindo que lle dan noxo as que teñen servizo doméstico, que había que prohibir as novelas sobre a guerra civil e que a ver se as editoriais galegas pagan os dereitos. O Ameixeiras con que os rapaces urbanos galegos non resultarín cribles na literatura falando castelán. Un e outro, dicindo que non cren no futuro do galego.
Que merda, que verdeiro noxo. Basta xa. Nunca máis
Volver arriba
Convidado
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 11:00 am    Asunto: Responder citando

Son un par de pallasos, un par de jetas, pero hai que ver a que responde ese suplemento da Coz: ao afán de deixar en evidencia ao Rivas e ao de Toro, aos que non cita pero chama <los dos de siempre>. Alégrome de que salte toda esta merda. Creouna Manolo Bragado, ese mestre na fabricación de blufs, agora médranlle os ananos.
Volver arriba
Outro convidado
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 11:08 am    Asunto: Responder citando

Collo unhas palabras prestadas: a Moure é unha mala escritora, Ameixeiras nin a mal escritor chega. O resto dame igual.
Volver arriba
De xenios
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 11:08 am    Asunto: Responder citando

Xeniais os de Xerais
Volver arriba
Unha suxerencia
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 12:36 pm    Asunto: Responder citando

E porque non pegades aqui eses artigos. Non todos -por problemas de movilidade- temos a posibilidade de mercar ese xornal.
Volver arriba
AS ENTREVISTAS DA VOZ
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 1:01 pm    Asunto: Responder citando

LITERATURA

«Hai demasiados clixés sobre a figura do escritor»
30/06/2006

Teresa Moure e Diego Ameixeiras intentan ir por libre no universo da novela negra: rexeitan a reivindicación dun «sistema lieterario» e dunha cultura con maiúsculas.

• Escriben nun idioma ao que non lle ven futuro
• Un mozo sen proxectos
• O home ¿Un ser racional?

(Jesús Flores)

Hai quen cre que algo se move nos cimentos da literatura galega, se é que pode afirmarse (os dous protagonistas de esta conversa rexéitano) que exista este concepto con maiúsculas: na entrega dos últimos Premios Xerais, din algunhas crónicas que as nosas megaestrelas da última década, Manuel Rivas e Suso de Toro, semellaban ficar nun segundo plano fronte á atención que espertaba o gañador deste ano, Diego Ameixeiras. A situación, interpretan, podería ser un indicio dos tempos de cambio que se aveciñan. Como di Santiago Jaureguizar no seu blog de Internet (un medio indispensable hoxe en día para saber que se cociña no universo da intelectualidade galega), alí estaba este ourensán, vestindo unha camiseta na que se lía Absolut corruption (un desplante en toda regra á moda galega estándar), invocando a un debuxante de cómic semipornográfico en vez de citar a algún dos grandes popes da nosa cultura, e xustificando o título do seu libro, Tres segundos de memoria, nunha canción do grupo de rock Señor Chinarro. Unha nova xeración tomando o mando e conversacións que noutros tempos serían tachadas de frívolas, como as que propiciaron a presenza do deseñador Berto Yáñez ou do crítico de cine Martín Pawley. Como xa sucedera no 2005, durante a entrega do premio a Teresa Moure pola súa orixinal novela Herba moura, a literatura deixaba paso á reivindicación da simple actividade creativa.

Así que parecía obrigado reunir a Diego Ameixeiras (Laussane, 1976) e Teresa Moure (1969) para coñecer un pouco mellor quen son estes dous protagonistas do panorama literario galego nos dous últimos anos. Non imos usar o concepto novos autores, e aínda menos o de autores novos, porque é algo que ambos rexeitan de saída, como logo quedará claro durante a tertulia. A cita, xunto cos meus compañeiros Marta Otero e Tucho Calvo, foi no restaurante dun centro comercial que a mediodía e polo medio da semana está tan baleiro que ben podería ser o símbolo do que outros pensan do oficio de escribir en Galicia.

Diego Ameixeiras, que, máis alá dos flashes das cámaras que disparaban o día que recibiu o Xerais, é un xornalista que fai guións para Videovoz, chega á xuntanza un pouco agobiado polas esixencias dun traballo sobre orquestras a punto de estrearse na TVG como parte da súa programación de verán. É un rapaz (ou non tanto, segundo se mire) de trinta anos que viste en vaqueiros e leva patillas longas, como tantos outros que podería cruzarme de camiño á cita, e un bo conversador: mentres agardamos por Teresa Moure, que non coñece ben a cidade e vén de camiño, falamos sobre o seu labor como guionista e doutros asuntos cotiáns que son, en realidade, os que nutren a súa creación literaria, aínda que vista polos ollos dun dos varios detectives privados que dalgún tempo a esta parte traballan nas páxinas das novelas escritas en galego. En tanto andamos nestas cuestións chega a nosa convidada, mochila ás costas e zapatillas deportivas, unha imaxe moi afastada do que podería agardarse dunha doutora en Lingüística que exerce na Universidade de Santiago de Compostela, autora de traballos teoricamente tan sisudos como La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica e gañadora de canto premio literario se convocou nos últimos tempos en Galicia: o Lueiro Rey de novela curta 2004 por A xeira das árbores, o Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 por Outro idioma é posible e o Xerais de novela 2005 con Herba moura. Nunha primeira impresión, Teresa Moure semella ser unha muller tímida, pero só é unha primeira impresión. Moi pronto revélase como unha persoa cun grande sentido do humor e, sobre todo, coas ideas (as súas, e non precisamente moi ortodoxas) moi claras, o que a converte nun personaxe controvertido en todos os foros de opinión. Unha recente entrevista con ela, na que expoñía a súa particular visión do feminismo («algo que non soporto das feministas da igualdade é que teñen grandes postos de traballo e servizo doméstico», aseguraba con rotundidade), vén de provocar todo un debate sobre o asunto.

Pero Teresa, como ela mesmo di, non só é feminista: «A miña vida está chea de facetas e moléstame que se reduza a imaxe publica só a iso». O primeiro que aprendemos dela, xa que estamos diante dunha mesa á hora da comida, é que a autora de Herba moura é vexetariana. Diego, polo contrario, nos lle fai ascos a ningún proposta do menú mentres conta que o Premio Xerais lle veu moi ben sobre todo no aspecto económico, pois recoñece que, tal como están as retribucións no panorama literario galego, recibir doce mil euros dun golpe «dá moita tranquilidade para poder escribir durante algún tempo sen excesivas preocupacións».

Ambos recordan unha reportaxe publicada hai unhas semanas neste suplemento, titulada «Escritor galego, 1.500 euros o ano», e Diego pregúntase en voz alta: «Pero iso é se vendes toda a edición, ¿non?». E Teresa completa: «E se cobras os dereitos de autor, claro», poñendo sobre a mesa a falta de recursos económicos e de formalidade de boa parte destas empresas. A cousa quéntase e estes comentarios dan pé a que os nosos contertulios opinen sobre o papel das editoriais galegas, ás que, salvo excepcións, consideran demasiado inmobilistas: unha firma de libros, unha presentación á que so se invita a un grupo reducido de intelectuais, sempre os mesmos... Eloxian as últimas iniciativas de Biblos, como a de facer unha performance en Lavacolla, pero comentan que industrias editoriais como a catalá son capaces de crear e exportar escritores mediáticos, porque «alí hai moito diñeiro e iso é fundamental». De todos os xeitos, Teresa apunta que «hai aínda demasiado medo a que a utilización de estratexias comerciais máis agresivas poida ser incompatible con esa idea abstracta de Cultura (así, con maiúsculas)» que moitos se cren obrigados a protexer e distinguir do que consideran frívolo. Neste sentido, Diego apunta que xa está canso de comentarios do tipo: «Agora hai demasiados guionistas que se meten ao oficio de escribir, e isto é outra cousa», como se a dedicación a literatura esixise un hándicap, como no golf. Teresa vai moito máis alá. Ela rexeita a existencia dun «panorama literario galego» entendendo como tal un grupo de escritores que representen a nosa literatura. «Eu só vexo persoas que escriben». Deste xeito, resúltalle imposible responder á pregunta de cal é o que considera o mellor escritor galego, porque este concepto en si mesmo non existe para ela.

DOCUMENTACIÓN PROPIA

A verdade é que resulta un xeito de pensar moi práctico nalgunhas ocasións, se non queres verte comprometido, porque o mesmo responde cando lle preguntamos pola que considera a grande novela en galego ou mesmo pola pose que semellan adoptar algúns escritores: «E que non estou ao tanto desas cousas. Eu nin sequera vexo a tele ou escoito a radio. As miñas fontes de documentación están nos libros, nas bibliotecas ou en distintas vivencias que non teñen que ver con este tipo de actualidade», explica con rotundidade mentres agarda certa reacción de sorpresa ou, cando menos, algún tipo de «pero...» pola nosa parte. Sobre este último punto, Diego Ameixeiras, que a primeira vista podería dicirse que cultiva unha certa imaxe pop, apresúrase a ofrecer a súa opinión: «Penso que os medios de comunicación teñen moita tendencia a cargar de clixés á xente, porque é máis cómodo. Se observan que levas unha camiseta con debuxos, xa es un moderno; se defendes publicamente o papel das mulleres na sociedade [sinala a Teresa] es unha feminista...». E, xa que como a nosa outra contertulia vén de explicar como se documenta para dar contido e construír os seus traballos, el defende o seu método: «Estar nun bar escoitando as conversacións da xente ou pola rúa observando o comportamento dos demais é unha forma de informarse como calquera outra. Calquera que intentase construír un diálogo de novela ou crear distintos personaxes sábeo moi ben».

O tema da conversa, que xa nestes momentos é moi distendida despois das timideces iniciais, deriva entón ás temáticas e aos xéneros que dominan a literatura galega do momento. Un xa se atreve a preguntar se non hai demasiados detectives privados nas páxinas das novelas e se non pensan que fai falta escribir máis de temas de actualidade (a emigración a Canarias, a catástrofe do Prestige, a era Fraga), en vez de das interioridades anímicas dos autores. Unha cousa ten clara Teresa Moure: «Habería que prohibir novelas sobre a Guerra Civil», di en ton irónico pero convencida de que xa hai outras cousas de que falar. O mesmo di Diego Ameixeiras, que recorda que moitos dos temas que seguen presentes na novela galega xa están moi lonxe do interese das novas xeracións. «Para moitas persoas da miña idade, o xeral Franco é un personaxe histórico tan lonxano como Isabel II». E aproveita para defender ao seu detective Horacio Dopico: «Por suposto que é unha influencia do cine americano, pero esa é unha realidade que non se pode rexeitar na miña xeración. Ademais, é tan só un envoltorio para tratar a fondo temas de actualidade que nos rodean e para representar prototipos cotiáns: Horacio Dopico é detective, pero é un personaxe claramente galego, que fala, pensa e se comporta como moita xente que temos ao redor».

Escriben nun idioma ao que non lle ven futuro
Horacio Dopico, o personaxe creado por Diego Ameixeiras, fala, claro está, en galego. Pode que polas súas orixes ourensás, pola súa idade, esta circunstancia resulte crible. Pero tanto Ameixeiras como Teresa Moure saben que se este personaxe fose máis novo ou de extracción urbana, o feito de colocarlle un diálogo no idioma do país chiaría bastante. Porque tanto un como outro son plenamente conscientes de que a situación do idioma é crítica, «por usar un termo máis ou menos fino», matiza Moure. Por exemplo, Diego recorda que falar galego nunha cidade como A Coruña e en boca dun trintaneiro urbano como el resulta chocante en moitos contextos. «A falta de normalidade no uso do idioma é absoluta, a xente nova dáse conta de que hai un uso litúrxico e iso fai moito dano, iso afástaos aínda máis da necesidade de usalo». Moure, defensora dun idioma universal que substitúa o inglés para evitar o peso cultural que ten na actualidade esta lingua, opina que hai unha actitude demasiado militante por parte de quen empregan o galego nas cidades, pero a autora de Herba moura vai máis alá: «Hai un proceso de homoxeneización que parte mesmo da propia xente que semella irreversible. Todos queren ser como a maioría, e a maioría falan en castelán».


«Tres segundos de memoria»

Un mozo sen proxectos

30/06/2006

Diego Ameixeiras é xornalista e na actualidade traballa como guionista. Ata o momento publicou as novelas Baixo mínimos (Xerais 2004) e O cidadán do mes (Xerais 2006), ambas as dúas protagonizadas polo detective Horacio Dopico, así como Tres segundos de memoria, Premio Xerais 2006.
Un mozo de trinta anos, parado e á espera de que lle chegue a próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, que pasea polo seu relato en primeira persoa o que el denomina o post-fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O único fío condutor é a interacción dese personaxe cos seus amigos. Tres segundos de memoria podería ser entendida tamén como unha obra que retrata, desde o punto de vista masculino, toda unha xeración, a das persoas que naceron a finais de década dos 70, dando pé, con frecuencia, á aparición dos idearios e as referencias culturais daquela. Os que habitan Tres segundos de memoria son personaxes mozos, cultos e con estudos pero desenganados.


«Herba moura»

O home ¿Un ser racional?

30/06/2006

Teresa Moure Esta doutora en Lingüística é profesora na Universidade de Santiago de Compostela. Gañadora do Premio Lueiro Rey pola novela A xeira das árbores (2004), do Ramón Piñeiro con Outro idioma é posible (2005) e do Premio Xerais 2005 con Herba moura.
Esta novela, segundo conta a súa autora, quere ser un desafío ao concepto de ser humano, definido en Occidente coma un animal racional, pero esa é unha teoría que estableceron algúns varóns, como Descartes. «Eu quixen asomarme aí e provocar a través da biografía do filósofo francés. Para iso empreguei documentación e datos históricos máis ou menos exactos da vida dun individuo que dicía que o home era un animal racional. E creo que o ser humano debe de ser outra cousa».

A través do seu percorrer polo século XVII, Einés descobre cartas, receitas, feitizos e documentos que remata por enfiar nun patchwork, coma o que cubre a portada do libro editado por Xerais. A raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, sabia curandeira e herborista residente en Amsterdam, que será considerada bruxa, son as fascinantes vidas que representan o debate empirismo-racionalismo.
Volver arriba
comprensión humana
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 2:31 pm    Asunto: Responder citando

Hai que comprender que o editor de Xerais está sometido a presións contables pola multinacional á que pertence, que en calquera momento pode pechar a editorial sen ningún problema se non hai un mínimo de beneficios. Por iso busca febril ter autores de éxito, por iso mesmo os "fabrica" sen reparar en medios. Se non estivese sometido a tal estrés, seguramente había ter máis en conta a calidade e a excelencia. Pero é que a economía de mercado (na que a clave de bóveda é a obtención de lucro) é moi cruel.
Volver arriba
TENENTE FORD
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 3:41 pm    Asunto: Responder citando

O ¨Almejeras¨ ese será moi colega da tia de Vieiros pero non fixo máis que calcar o pior das novelas negras igual que o poderiamos facer calqueira de nós nun fin de semana...Como este sexa o futuro da literatura galego imos dados.
Volver arriba
Convidado






MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 3:45 pm    Asunto: Responder citando

JA JA JA JA JA JA JA!!!POIS NON RESULTARÁ CRIBLE EN ¨LA CURUÑA¨,EN EFECTO,PERO NAS OUTRAS CIDADES GALEGAS PODES APOSTAR O QUE QUEIRAS A QUE SI,PREA.EMPEZANDO POR SANTIAGO,POR SUPOSTO,ONDE A MAIORÍA GALEGOFALANTE AINDA É MÁIS QUE CLARA.CARALLO COS INTELECTUALOIDES.VAIA SARTA DE PARVADAS,SE O AMEIXEIRAS É UN IMPRESENTABLE (BAH,É XORNALISTA,CON ISO DISTE TODO) A MOURE XA É DIRECTAMENTE PARVA DE TODO.
Volver arriba
asistenta doméstica
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 3:47 pm    Asunto: Responder citando

O que eu non comprendo é a fixación que a Moure ten contra o servizo doméstico, xa que o leva dito dúcias de veces.
Volver arriba
c-2
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 3:53 pm    Asunto: Responder citando

Tranqui meu Tenente: despedimos á criada, facémonos feministas, lanzamos algúns denostros contra o ano da memoria e xa está. Despois só hai que escreber a novela pero isó e o máis doado, non cre?
Volver arriba
Una reflexión
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:05 pm    Asunto: Responder citando

Paréceme ben triste que as persoas que Xerais <vende> como buques insignias da literatura galega din que non cren no galego.
En que cren, logo?
Prefiro non ser eu quen poña a resposta.
Volver arriba
Convidado
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:06 pm    Asunto: Responder citando

Entrade en Brétemas, no blog de Bragado. Está moi ben o de dicir que a culpa é do xornalista. Haise que foder.
Volver arriba
Curiosa
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:25 pm    Asunto: Responder citando

Á marxe da discusión: TERESA DI QUE NACEU EN 1969? DI QUE NON TEN NIN CORENTA ANOS? Que rápido pasan os meus...
Volver arriba
comprensión humana
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:27 pm    Asunto: Responder citando

Está ben iso de botarlle a culpa ao mensaxeiro, como fai Bragado. Estaría ben se non fose un truco demasiado vello e gastado.
O problema que lle xorde a Bragado é que, por potenciar polos medios que sexa a estes dous autores "rompedores" (sic.), agora estes sáenlles rás e cainitas, mordéndolle a man a quen lles deu de comer, pois Bragado tamén é editor de Toro e Rivas. E estes dous non han estar, con toda a razón, moi contentos de que "compañeiros" do mesmo catálogo arremetan, ben que sibilinamente, contra eles. Esa é unha consecuencia de enzorrobellalo todo, como fixo o editor.
Volver arriba
Malvado
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:27 pm    Asunto: Responder citando

Espero que con todo este espectáculo, con este afán de crear polémicas e titulares a costa do que sexa, o Ameixeiras, polo menos, lle venda máis libros a Xerais. Porque a Moure está nas listas de vendas todos os días, pero a noveliña, que eu saiba, segue coa primeira edición, así que a ver se nos aclaramos.
Volver arriba
Convidado
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:33 pm    Asunto: Responder citando

Comprensión humana, eu coñezo ben Xerais por dentro. Ou coñecina, para entendérmonos mellor. Sempre pensei que esta loucura na que se meteu a editorial, empeñada en crear monstros mediáticos a costa do que sexa, traería problemas. O primeiro, o desprestixio. Creo que se Bragado estivese un pouco máis pendente da literatura e menos deste tipo de <autores>, que non por moitos premios que lles busque ou que lles dea deixan de ser infraescritores (e non vou facer valoracións sobre outros aspectos), igual a estas horas Darío Xoán Cabana seguía sendo un escritor de Xerais. Está moi ben que desde a editorial, ou desde o blog do seu director, dáme o mesmo, se diga agora que o periódico non reflicte a realidade do pensamento de Teresa Moure e do outro, que agora non recordo como se chama. Pero Rivas e de Toro, que lle acaban de dar senllos libros a Bragado e que hoxe publican, cada un deles, un texto en El País, non van tragar con iso. O que hai.
Volver arriba
comprensión humana
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:38 pm    Asunto: Responder citando

Estou totalmente de acordo co último Convidado. Que este fuxir cara adiante, sen reparar en medios, sen decatarse de que se estaban a criar mostros, revelaríase desastroso desde calquera punto de vista. Bragado ten que reflexionar e deixar de dar paus de cego, porque á final é el o único que leva os zorregazos no lombo.
Volver arriba
Convidado
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:42 pm    Asunto: Responder citando

Aquí hai unha realidade incuestionable: Xerais empeñouse en <crear mercados> convertendo en <valores emerxentes> ou directamente en <acontecementos literarios> autores e obras que non buscan lectores, senón chamar a atención a costa do que sexa. A ti, sen dúbida, non che pasaría desapercibido que cando a estes dous se lles concede hoxe un espazo mediático que xamais tivo un autor galego, que eu recorde (e hai que ver de que maneira o agradece a editorial, manda carallo, que capacidade para facer amigos), o único que fan os dous artistas en cuestión e descubrir as súas cartas: que o deles non é a novela.... senón o conto.
Volver arriba
Amiga dos Dous de Sempre
Convidado





MensaxePublicado: Sab Xul 01, 2006 5:44 pm    Asunto: Responder citando

Igual Teresa, o rapaz non creo que pense demasiado, el tirará por onde lle pareza que lle vai ir mellor, cre que os Dous de Sempre tragan con rodas de muíño. Que non se equivoque.
Volver arriba
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Foro Aberto Todas as horas son GMT + 1 Hora
Ir á páxina 1, 2, 3 ... 15, 16, 17  Seguinte
Páxina 1 de 17

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro

Publicidade:



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala