ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cociña Arroutada!

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Torta de queixo
(11/01/2007) :: Descargar receita en pdf ::

Imos facer unha comida doce, que todas foron salgadas até o momento

Ingredientes:

· 2 iogures naturais (usaranse os vasos como medidas)
· 2 vasos de fariña
· 2 vasos de leite
· 2 vasos de tona
· 2 vasos de azucre
· 250 g de queixo de untar

Tempo de elaboración: Arredor de 50 minutos entre a cocción e a mestura dos ingredientes

Preparación

Mestúranse todos os ingredientes, mentres quentamos o forno a 250 grados.

Úntase de manteiga un molde non demasiado grande e botáselle un pouco de fariña para que non se pegue.

Métese a masa no forno e cócese, o tempo de cocción varía dependendo da calidade do forno pero é unha torta que ten un tempo de cocción elevado, arredor de 30 0u 35 minutos.

Nota: O bo desta torta é que se pode abrir a porta do forno sen medo porque ao non levar fermento non sube e non hai medo a que se baixe; para saber se está cocido pódeselle cravar unha agulla de calceta ou a punta dun coitelo e se sae limpa estaría para sacar.

Hai que esperar a que arrefríe para comela pois está máis rica!!

Bo proveito.



Voltar á Cociña Arroutada!
Ir á Portada


Publicidade: