ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cociña Arroutada!

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Sopa campesiña
(04/01/2007) :: Descargar receita en pdf ::

Imos depurarnos!

Pasou o Nadal e como sempre nestas datas un bebe e come demais, nesta sociedade consumista na que nos movemos os excesos están á orde do día.

Por iso imos dar a receita dunha sopiña que lle dá forza e vigor ao corpo e ao mesmo tempo depúranos de tanto doce e de tanta comida.

Ingredientes:
• 300 g. de peituga de polo ou un anaco de galiña
• 1 pemento morrón
• 2 porros
• 3 tomates
• 4 cenorias
• 1 ramalliño de pirixel
• 1 chorro de aceite de oliva
• auga
• sal
• pasta de sopa
• arroz
• 1 cebola

Tempo de elaboración: Entre 1 hora e hora e cuarto. Leva bastante tempo pero non dá moito trabalo.

Preparación:

Póñense nunha ola todos os ingredientes enteiros e pelados (menos o arroz e a sopa) até que todo estea ben cocido acompañados cun chorro de aceite e sal.

Cando todo estea ben cocido retirar da ola e cortar en anacos pequenos (a cebola e o pemento dan moito sabor e a moitas persoas non lles presta polo que é convinte saber o gusto dos comensais para decidir botalos ou non), retírase o pirixel e engádese todo de novo á ola.

Neste punto engádese tamén a sopa e o arroz. Déixase ferver, cando xa estea cocido servir quente sabe mellor.

Nota: O bo desta sopa é que se pode facer en cantidades grandes e conxelar e non perde o seu bo sabor.

Bo proveito.



Voltar á Cociña Arroutada!
Ir á Portada


Publicidade: