Publicidade
Contacto
|
*Solombo con salsa roquefort
(20/12/2006)
:: Descargar receita en pdf ::
Ingredientes:
• Solombo de porco cortado en medallóns non excesivamente grosos
• Nata
• Un anaco de queixo roquefort
• Sal
• Pementa
• Patacas pequenas, ou grandes pero dá máis traballo
• Cenorias
• Cebolas pequenas
• Manteiga
• Aceite de oliva
Tempo de preparación:
35 minutos
Preparación:
1º paso:
Bótase sal e pementa sobre medallóns de solombo e resérvanse
2º paso:
Pélanse as patacas e dáselles unha forma redondeada, frixíndoas en aceite quente
3º paso:
Cócense as cenorias e cando xa estean brandas, colócase nunha tixola manteiga a quecer e pásase a por el as cenorias e as cebolas pequenas.
4º paso
Faise a salsa de roquefort, nunha pota ponse o queixo roquefort e engádeselle nata até que queda unha pasta homoxénea e con consistencia.
5º paso:
Quéntase unha prancha cunha pinga de aceite e pásanse os medallóns de solombo, dourándoos polas dúas caras.
6º paso:
Emprátase a comida colocando o solombo cunha pouca salsa e as verduras e as patacas de guarnición.
Bo proveito!
Voltar á Cociña Arroutada!
Ir á Portada
|
Publicidade:
|