Publicidade
Contacto
|
*Revolto de lagostinos e champiñóns
(05/01/2007) :: Descargar receita en pdf ::
Ingredientes:
Para catro persoas:
• 1 cebola
• 1 allo
• pirixel
• 400 g de champiñóns
• 300 g de lagostinos
• 6 ovos
• un chorro de viño branco
• pementa
• sal
Tempo de elaboración: 20 minutos.
Preparación:
Nunha tixola póñense a frixir a cebola e o allo que temos picado en anacos pequeniños previamente, cando temos estes dous ingredientes ben feitiños engadimos o pirixel cortado en anaquiños e os lagostinos pelados e cortados.
Por último engadimos os champiñóns cortados en anacos pequenos, cando xa está medio feito o mollo engádese un chorriño de viño branco e a pementa e remátase a cocción.
Cando xa está feito engádeselle os ovos e revólvese cunha culler de pau até que calle o ovo.
O mellor é non pasar moito o ovo, queda moito máis rico.
Non vos esquezades de salgar, podedes salgar os champiñóns cando se rematan de facer ou o ovo batido.
Bo proveito.
Voltar á Cociña Arroutada!
Ir á Portada
|
Publicidade:
|