ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cociña Arroutada!

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Freixós (Filloas de leite)
(26/06/2007) :: Descargar receita en pdf ::

Ingredientes:

Para 4 persoas:

· 150 g de fariña
· 300 ml leite
· 300 ml auga
· 4 ovos
· 1 pouco de sal
· aceite de oliva ou manteiga
· azucre

Tempo de elaboración: 40 minutos.

Preparación:

Mesturar o leite, a auga, os ovos e un pouco de sal. Bater lixeiramente. Engadir a fariña aos poucos mentres se remove ata obter unha consistencia semi-líquida e suave. Tapar e deixar repousar durante uns minutos.

Untar unha tixola con manteiga de porco ou aceite de oliva e quentar. Verter unha pequena cantidade de líquido que cubra o fondo da tixola. Cando se desprenda, dar a volta. Servir quentes con azucre por riba. Tamén se poden acompañar con mel ou chocolate líquido con tona montada.

Nota: Se non se lles bota azucre pódense encher de alimentos salgados (as gambas con leituga van moi ben!)

Bo proveito!.



Voltar á Cociña Arroutada!
Ir á Portada


Publicidade: