Publicidade
Contacto
|
*Espaguetes con nata e touciño afumado
:: Descargar receita en pdf ::
Redacción 17 de decembro de 2006 Imos comezar esta semana cun prato sinxelo que nos pode sacar dun apuro cando en calquera momento teñamos que cociñar e teñamos pouco tempo.
Ingredientes para 2 persoas:
• 1 cebola
• 2 tomates
• 200 g. de touciño afumado
• 250 g. de espaguetes
• 100 g. de queixo relado
Tempo de preparación:
25 minutos ou algo menos se sé é rápido cortando as cousas
Preparación:
Nunha pota con abundante auga e sal ponse a pasta a cocer cando esta estea a ferver. Non esquezades de cocela máis ou menos dependo de se vos gusta máis ou menos branda a pasta.
Nunha tixola frítese a cebola moi picada, cando xa estea dourada engádeselle o touciño afumado cortado en anacos e dáselle unhas voltas na tixola.
A continuación engádese o tomate e dáselle unhas voltas esperando a que todo estea frixido, despois de que estea feito engádeselle a nata e o queixo relado mesturándoo todo coa pasta previamente escorrida e apartada.
Servir e comer quente sabe moito mellor e presta máis!
Bo proveito!
Voltar á Cociña Arroutada!
Ir á Portada
|
Publicidade:
|