ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cociña Arroutada!

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Berenxenas recheas
(30/01/2007) :: Descargar receita en pdf ::

Ingredientes:

Para catro persoas:

· 2 berenxenas
· 200 g de carne de tenreira picada
· 1 tomate
· 1 pemento verde
· 1/2 cebola
· 2 dentes de allo
· 1 vaso de salsa de tomate
· 1 vaso de leite
· 2 culleradas de fariña
· pementa
· sal
· aceite

Tempo de elaboración: 40 minutos.

Preparación:

Parte as berenxenas ao longo, en dous anacos. Fai uns cortes na parte superior, sazona, rega con aceite e méteas durante 15 minutos nun forno a 200ºC.

Cando estean feitas, baleira os interiores cunha culler e reserva. Fai a bechamel nunha cazola pequena con 3 culleradas de aceite, engade a fariña mesturando ben. Pon un pouco de pementa e incorpora o leite aos poucos sen deixar de remover. Pica a cebola, o pemento verde e os 2 dentes de allo e bótaos nunha tixola cun pouco de aceite.

Bota sal. Cando as verduras estean feitas, engade a carne de tenreira picada e dóuraa. Bota a carne da berenxena picada, un pouco de bechamel e mestura ben. Reenche as berenxenas con esta mestura. Parte en 4 anacos un tomate e colócaas sobre cada berenxena. Cobre todo coa bechamel e gratina durante 2 minutos no forno a 200ºC.

Retíraas do forno e cunha espátula coloca as berenxenas nunha fonte e adorna con perexil.

Bo proveito.



Voltar á Cociña Arroutada!
Ir á Portada


Publicidade: